Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de marzo de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A necesidade de adecua-las características do posto de traballo do xerente do Centro de Control de Calidade do Medio Mariño de Vilaxoán ás funcións que terá que desenvolver este, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vintetrés de marzo de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintetrés de marzo de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, marisqueo e Acuicultura, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

Persoal funcionario

Na relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 202, do 19 de outubro de 1999, prodúcese a seguinte modificación:

* Na páxina 12.402, no centro de destino «CENTRO DE CONTROL DA CALIDADE DO MEDIO MARIÑO (VILAXOÁN)», no posto co código «PE.C99.40.202.36590.001. XERENTE», na columna «Grupo» engádese «B».