Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.724

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (464/1993).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Auto.

A maxistrada Rosa del Carmen Collazo Lugo en Santiago de Compostela quince de marzo de dous mil.

Dada conta. Únanse os anteriores escritos e déaselle copia á contraria.

Feitos.

Único.-Ricardo García-Piccoli Atanes presentou escrito no que manifestaba que, sendo notoriamente insuficientes os bens embargados neste autos para cubri-las responsabilidades que neles se perseguen, solicitaba a mellora de embargo sobre outros bens propiedade do demandado, en cantidade suficiente para garanti-lo cobro das cantidades reclamadas.

Razoamentos xurídicos.

Único.-Sendo insuficientes os bens embargados para garanti-lo cobro das cantidades reclamadas nestes autos, procede decreta-la mellora de embargo sobre outros bens da propiedade do demandado Carlos Barreiro Iglesias, en cantidade suficiente para cubri-las sumas reclamadas, conforme o previsto no artigo 1455 da LAC.

Vistos o artigo citado e demais de aplicación.

Parte dispositiva.

Decrétase a mellora de embargo sobre outros bens propiedade do demandado Carlos Barreiro Iglesias, en cantidade suficiente para cubri-la suma de 1.418.507 pesetas de principal, máis 800.000 pesetas que se orzaron para xuros e custas.

E, dado o paradoiro descoñecido do demandado, declárese embargado e, a resultas deste procedemento, polas sumas que se mencionan, a parte proporcional do soldo e demais emolumentos que perciba da entidade Telecomunicaciones Merino, S.A.

Notifíquese esta resolución, ademais de nos estrados deste xulgado, por edicto que se publicarán no taboleito de anuncios e no DOG.

Líbrese oficio á referida empresa, co fin de que tome nota do dito embargo e reteña a parte proporcional e lla transfira á CDC.

Así o acorda, manda e asina.»

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Carlos Barreiro Iglesias, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, quince de marzo de dous mil.

O/A secretario/a

Rubricado