Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.724

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (91/1998-4).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en expediente de dominio número 91/1998-4, promovido por María Garabal Picón, Manuela Garabal Picón, Carmen Garabal Picón, Evaristo Garabal Picón e Albino Míguez Garabal polo que solicita que se faga constar no Rexistro da Propiedade a inmatriculación en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

1. Leiriña, labradío co seu muro do Norte, 680 m. Linda: norte, corredoira; sur, Evaristo Garabal; leste Evaristo Garabal e José Salvado; oeste, Jose Salvado. Nos planos da concentración parcelaria, polígono 27, números 263 e 264.

2. Leira da Fame, labradío na Agra de Ferro, con 645 m. Linda: norte, Evaristo Garabal Picón; sur, leste e oeste, José Salvado Filgueira. Polígono 27, parcela 250.

3. Pereiriña, labradío na Agra de Abaixo, 935 mLinda: norte, Jose Fernández Torres e no martelo que fai ó norte, Miguel Suárez Ventosa; sur, José Mujico, José Salvado e Evaristo Garabal; leste José Salvado e no martelo José Fernández, Manuel Castro e Evaristo Garabal; oeste, José Mujico. Polígono 27, parcela 193.

4. Centeira, labradío de 1.400 m. Linda: norte, Evaristo Garabal Picón; sur, María Garabal Picón, leste, camiño e oeste muro e gabia propios. Polígono 28, parcela 46.

5. Prado de Abaixo, de 340 m. Linda: norte, Manuel Castro Vilar; sur Evaristo Garabal Picón e José Salvado Filgueira; leste, Albino Míguez Garabal e oeste Evaristo Garabal Picón. Polígono 27, parcela 37.

6. Prado de Juan Carollo, prado e monte de 1.080 m. Linda, norte: Albino Míguez Garabal; sur, Carmen Garabal Picón; leste, José Otero; oeste, Evaristo Garabal Picon. Correspóndelle regar tódalas semanas desde as catro da tarde do xoves ata a unha da tarde do venres. Polígono 44, parcela 122.

7. Serradoiro, devesa de 600 m. Linda: norte, Manuel Rodríguez; sur, outro; leste, Evaristo Garabal Picón; oeste Miguel Suárez e Manuel Rodríguez. Polígono 44, parcela 69 e 70.

8. Zanca da Centeeira, monte de 3.850 m. Norte, Evaristo Garabal Picón; sur, Carmen Garabal Picón; leste, camino; oeste, Manuel Castro Vilar. Polígono 44, parcela 5.

9. No partido de Petón, devesa e monte. 3.130 m. Linda: norte, braña do medio; sur, outro partido; leste, José Salvado; oeste, herdeiros de Silvestre Fernández. Polígono 46, parcela 68.

10. Monte de 3.415 m, na Balada. Linda: norte e oeste, José Salvado Filgueira; sur testeras a outro partido; leste, doutros. Polígono 45, parcela 323.

11. Enriba da Míllara, monte na Balada. 890 m. norte, muro divisorio; sur, outro partido; leste, herdeiros de Manuela Couselo; oeste, José Salvado. Polígono 45, parcela 234.

12. Enriba da Míllara, monte 230 m. Linda: norte, muro divisorio; sur, outro partido; leste, José Salvado; oeste, do predio da herdanza. Polígono 45, parcela 232.

13. Monte na Balada 1.470 m. Linda: norte, muro do predio e testeiras doutro partido; sur, muro da Zafra de enriba de Fonte Seca; E e O varios consortes. Polígono 44, parcela 248.

14. Leira dos Cebros en Pereiro Fis, monte 3.660 m. Linda: norte, Manuel Rodríguez; sur, Manuela Garabal e outros. Leste muro da Zafra e oeste, outro muro e testeiras. Polígono 45, parcela 132.

15. Agra de Abaixo. 315 m, polígono 27, parcela 187.

16. Curro de Zafra, monte de 2.070 m. Linda: norte Manuela Garabal Picón; sur Manuela Garabal e outros; leste, muro da Zafra de Dentro; oeste, Carmen Garabal Picón rego en medio. Polígono 44, parcela 152.

17. Balada que Testea Fóra, de 365 m. Polígono 43, parcela 47.

18. Agra de Abaixo, labradío 170 m. Linda: norte, María Garabal Picón; sur, Albino Míguez Garabal; leste devesa; oeste José Otero e outros. Polígono 27, parcela 189.

19. Xafra de Dentro. 2.270 m, polígono 44, parcela 177.

Pola presente cítase a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita co fin de que no termo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1998.

Rubricado