Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.723

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (41/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 41/2000 se dictou a seguinte cédula de citación.

«O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela acordou citalo a vostede, co fin de que o vindeiro día vintesete de abril, ás doce e dez horas, asista na sala de vistas número dous, primeira planta, á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por lesións, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer no acto de xuízo con tódolos medios de proba dos que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíboo de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa, e recaer sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E, para que conste e lle sirva de citación a Ramón Asorey Sánchez, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, o nove de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado