Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.723

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (351/1996).

Javier Fraga Mandian, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción, número dous de Carballo e o seu partido fai saber que neste xulgado do meu cargo, se seguen os autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia da procuradora Narcisa Buño Vázquez, en nome e representación de Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra, contra Javier Julio Otero Lado, María Alén Abeledo, Digna Abledo Donsión, Com. Her. Her. xacente, Her. Descoñ. de José Alén Pérez e Pers. Desc. e Inc. do causante José Alén Pérez, sobre reclamación de cantidade, no que se dictou co data do 28-5-1999 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo vistos por min, os presentes autos de executivo outros títulos número 00351/1996, seguidos ante este xulgado por instancia de Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra e no seu nome e representación a procuradora Narcisa Buño Vázquez, contra Javier Julio Otero Lado, María Alén

Abeledo, Digna Abledo Donsión, Com. Her. Her. xacente, Her. Descoñ. de José Alén Pérez, e Pers. Desc. e Inc. do causante José Alen Pérez, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade; e,

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, facer trance e remate dos bens embargados ós demandados Javier Julio Otero Lado, María Alen Abeledo, Digna Abledo Donsión, Com. Her. Her. xacente, Her. Descoñ. de José Alén Pérez, e Pers. Desc. e Inc. do causante José Alén Pérez e co seu producto facer pagamento ó executante Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra das responsabilidades polas que se despachou aquela, ou sexa, pola cantidade de 1.400.899 ptas. de principal máis a de 500.000 ptas. para xuros, gastos e custas. Todo isto sen prexuízo da liquidación definitiva que se practique no seu día.

Contra esta sentencia, que non é firme, cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación ...».

E en cumprimento do acordado para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes Javier Julio Otero Lado, María Alén Abeledo, Digna Abledo Donsión, Com. Her. Her. xacente, Her. Descoñ. de José Alén Pérez, e Pers. Desc. e Inc. do causante José Alén Pérez, ó que se lle fai saber que o prazo de interposición do recurso expresado computarase desde a publicación este edicto no diario oficial, expídese deste edicto en Carballo, o 28 de febreiro de 2000.

O xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado