Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.711

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 e táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial do ano 1999 e táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-2-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo integrada pola parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Rematantes y Aserradores de Madera da Coruña, e da parte social por CIG, UGT, CC.OO., o día 22-2-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de marzo de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta

Asistentes:

-Parte empresarial:

Ramón Romero Quintáns.

Benito García Sánchez.

Manuel Piñeiro Esperante.

-Parte sindical:

UGT: Juan Carlos Tubío Redondo.

CC.OO.: Santiago Huertas Pozurama.

CIG: Indalecio López Rodríguez.

Na Coruña, ás dezaseis trinta horas do día vintedous de febreiro do ano 2000, reúnense os compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de serradoiros e rematantes da madeira da provincia da Coruña para procederen, dando cumprimento ó pactado nos artigos 31, 32 e 33 do convenio vixente, á revisión e confección das táboas salariais correspondentes ó período abranguido desde o 1 de xaneiro do ano 2000 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Reunidas ámbalas partes, procédese á revisión salarial do período do 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999 e á confección das táboas salariais correspondentes ó ano 2000.

Debatido entre as partes presentes o contido do artigo 32 do convenio vixente, acórdase que a súa interpretación garante unha revisión salarial de incrementar en 0,75 puntos o IPC real. Desta maneira a revisión das táboas salariais correspondentes ó ano 1999 serán realizadas a partir das do ano 1998 incrementadas en 3,65 puntos correspondentes ó IPC real do ano 1999 máis 0,75 puntos. E en aplicación do artigo 31 do citado convenio, increméntanse as táboas do ano 1999 xa revisadas, en 2,75 puntos correspondentes ó IPC previsto pra o ano 2000 máis 0,75 puntos, establecendo as táboas correspondentes ó ano 2000, tal e como aparecen reflectidas no anexo que se xunta á presente acta.

En canto ó artigo 33, acórdase revisalas nun incremento igual ó IPC real do ano 1999 que se situou en 2,9 puntos.

Por último, a representación sindical recórdalle á empresarial a obriga que teñen as empresas de exterioriza-los compromisos incluídos no artigo 34 do convenio vixente.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezaoito trinta horas da data arriba indicada, asinando, en sinal de conformidade, a totalidade dos asistentes.

ANEXO

Táboa salarial para o ano 2000

Grupo

profesional

Nivel salarialSalario mensual

(pesetas)

Cómputo anual

(pesetas)

ITécnico proxectista102.4341.590.864

Perito100.0191.557.054

ATS100.0191.557.054

Xefe administrativo 1ª102.4341.590.864

Encargado100.0191.557.054

IIDelineante97.5971.523.146

Xefe administrativo100.0191.557.054

IIIAuxiliar analista95.5021.493.816

Oficial administrativo 1ª97.5971.523.146

Oficial administrativo 2ª95.5021.493.816

Auxiliar administrativo93.2481.462.260

Oficial de 1ª97.5971.523.146

Oficial de 2ª95.5021.493.816

Grupo

profesional

Nivel salarialSalario mensual

(pesetas)

Cómputo anual

(pesetas)

Axudante93.2481.462.260

Peón especializado91.3261.435.352

Peón88.9871.402.606

Ordenanza88.9871.402.606

Garda e vixilante88.9871.402.606

Paga 1 de maio: 27.500 ptas.

Complemento asistencia, período ano 2000:

-Traballadores menores de idade: 124 ptas.

-Traballadores en formación de 18 a 20 anos: 147 ptas.

-Resto dos traballadores: 216 ptas.

Complemento de transporte, período ano 2000: 336 ptas.