Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.617

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 25 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se desenvolve a Orde do 17 de novembro de 1999, pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ó exercicio de 2000.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 21, do 1 de febreiro de 2000, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 1.315, no último parágrafo da letra c, punto 2, do artigo 11 onde di: «Nas letras b) e c), de existir contradicción entre o domicilio que figura na tarxeta de demanda de emprego e o que figura na certificación municipal, haberá que aterse ó reflectido nesta última», debe dicir: «Nas letras b) e c), de existir contradicción entre o domicilio que figura na tarxeta de demanda de emprego e o que figura na certificación municipal, haberá que aterse ó reflectido na tarxeta de demanda de emprego».