Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.617

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de marzo de 2000 pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado.

A Xunta de Galicia a través do Decreto 245/1999, do 29 de xullo (DOG do 1 de setembro), regula a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas de niveis non universitarios en centros docentes públicos e privados concertados da Comunidade Autónoma galega e establece, no punto 2º do seu artigo 1, que esta formación permanente se desen

volverá a través do Servicio de Formación do Profesorado e dos Centros de Formación e Recursos.

Para poder levar a cabo as súas funcións no Servicio de Formación do Profesorado existirá un equipo de asesores especialistas de área ou materia, familia profesional, ensinanzas de réxime especial, educación infantil e orientación educativa, sendo competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determina-lo perfil profesional deles, o cadro de asesores, o procedemento para o acceso a esta función e o proceso de avaliación do exercicio dela.

O perfil profesional dos candidatos e candidatas para desempeñar postos de asesores ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado deberá responder ó dun profesional do ensino de niveis educativos non universitarios capaz de colaborar no desenvolvemento das funcións que o Decreto 245/1999, no seu artigo 3, lle atribúe á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional. E, polo tanto, é importante que posúa unha sólida formación sobre a epistemoloxía, a estructura e a didáctica da área ou materia, así como un amplo coñecemento sobre os distintos elementos que conforman o currículo.

Neste sentido, consideraranse as destrezas básicas no manexo das tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ó ensino, os fundamentos e as estratexias de avaliación e a capacidade de innovación e producción de materiais didácticos.

En consecuencia, e en uso das atribucións que ten conferidas, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto.

Convócase concurso público de méritos para cubri-los postos de asesores e/ou asesoras especialistas no Servicio de Formación do Profesorado que se especifican no anexo I desta orde.

Artigo 2º.-Concursantes.

Poderán participar neste concurso os funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas non universitarias, con destino en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que reúnan os requisitos xerais fixados no artigo 3º desta orde.

Artigo 3º.-Requisitos.

Os profesores e as profesoras solicitantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes:

1. Encontrarse en situación de servicio activo, ou servicios especiais, na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Contar cun mínimo de 5 anos de experiencia docente como funcionario de carreira.

Artigo 4º.-Instancias e documentación.

1. Instancias.

A) Os participantes no concurso deberán presenta-la súa solicitude mediante instancia axustada ó modelo que se publica no anexo II desta convocatoria, indicando as prazas que se solicitan por orde de preferencia.

B) A instancia, así como a documentación á que se alude no artigo 4.2º da presente convocatoria, poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nos rexistros das delegacións provinciais da consellería ou en calquera das dependencias que sinala o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse ó director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

No caso de que se presentase a solicitude nunha oficina de correos, farase en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

2. Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

A) Folla de alegacións e autobaremación, axustada ó modelo que se atopará á disposición dos interesados nas delegacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

B) Documentación á que se refire o anexo III desta convocatoria, para acreditar tódolos servicios e méritos alegados así como unha relación numerada, datada e asinada, dos documentos presentados seguindo a orde que aparece no citado anexo. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta.

C) Proxecto de traballo como asesor ou asesora especialista no Servicio de Formación do Profesorado, cunha extensión máxima de 25 páxinas, tamaño DIN-A4, a unha soa cara, a dobre espacio e tamaño de letra de 12 puntos.

Na valoración dos proxectos terase en conta o carácter innovador na súa formulación, así como a capacidade para organizar, orientar e dar resposta ás situacións coas que poidan atoparse no desenvolvemento das súas funcións.

Artigo 5º.-Prazo de presentación.

1. O prazo de presentación de instancias e documentos será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os méritos alegados fóra do prazo de presentación das solicitudes non se terán en conta nin serán valorados.

Artigo 6º.-Comisión de selección.

1. O presente concurso será resolto por unha comisión de valoración formada polos seguintes membros:

A) Presidente:

-O subdirector xeral de Ordenación Educativa.

B) Vocais:

-O xefe de servicio de Formación do Profesorado.

-A xefa de servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

-O xefe de servicio de Profesorado de Ensino Secundario, de Formación Profesional e de Réxime Especial.

-Dous membros da Inspección Educativa, designados pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

C) Secretario:

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará con voz e sen voto.

Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da comisión con voz e sen voto. Coa debida antelación, o nome do representante seralle comunicado ó presidente da comisión de selección.

2. A comisión poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coiden pertinentes. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da subcomisión con voz e sen voto.

3. Os membros da comisión e da subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio, estando cualificadas na categoría primeira.

Artigo 7º.-Selección.

O proceso de selección constará de dúas fases. Unha primeira na que se valorarán os méritos alegados e mailo proxecto, e unha segunda na que se realizará unha entrevista ós aspirantes que superen a primeira fase.

Artigo 8º.-Primeira fase da selección:

1. A comisión fará públicas as puntuacións provisionais asignadas a cada un dos aspirantes, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo III. Estas listas publicaranse nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais.

2. Os aspirantes poderán presenta-las alegacións que estimen convenientes contra a lista provisional, dirixidas ó director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo de cinco días natu

rais contados a partir do seguinte ó da súa publicación, por calquera dos procedementos recollidos no artigo 4º.1 b) desta orde.

3. Unha vez estudiadas e resoltas as alegacións presentadas, a comisión publicará a lista definitiva das puntuacións nos epígrafes de méritos e proxecto de traballo, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 9º.-Segunda fase da selección.

1. Tódolos aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto serán convocados pola comisión de selección para a realización dunha entrevista para mellor aprecia-las circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado.

2. Aqueles aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista non poderán ser propostos pola comisión, sendo seleccionados aqueles aspirantes que obtendo as puntuacións mínimas sinaladas acaden as maiores puntuacións no total dos epígrafes contemplados no baremo establecido no anexo III, para a praza que solicitan.

3. No caso de producirse empates no total de puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos números 7, 2.1, 1.1, 1.2 e 5.

Artigo 10º.-Proposta de nomeamento.

1. A relación provisional dos concursantes preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Establecerase un prazo de cinco días naturais contados a partir da data de publicación, para que os interesados poidan efectua-las posibles reclamacións ou renuncias ás prazas adxudicadas provisionalmente.

2. Unha vez resoltas as reclamacións, admitidas as posibles renuncias e superado un proceso de formación por parte dos seleccionados, a comisión remitiralle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da presente convocatoria, xunto coa acta definitiva coa expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final das persoas seleccionadas con mención do posto que se lle adxudicará a cada unha delas.

Artigo 11º.-Resolución da convocatoria.

1. Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporalle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación de postos, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderán notificados, para tódolos efectos, os concursantes ós que lles afecte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117

da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

2. Os funcionarios e funcionarias docentes que resulten seleccionados pola presente convocatoria quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir da data que se indique na resolución definitiva, e permanecerán neles en réxime de comisión de servicios, con reserva do posto de traballo de orixe, por un período dun ano, renovable ano a ano ata un máximo de seis, establecéndose un proceso de avaliación do exercicio da súa actividade que, no caso de ser positiva, determinará a súa continuidade, segundo o artigo 6 do Decreto 245/1999.

3. O prazo máximo para notifica-la resolución deste procedemento é de seis meses desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria, tendo efectos desestimatorios a falta de resolución expresa nese período.

Artigo 12º.-Devolución da documentación presentada.

Os interesados ou os seus representantes legais poderán retira-la documentación achegada para acredita-los méritos alegados, na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Lázaro, 107. 15771, Santiago de Compostela), no prazo dun mes desde a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva do concurso.

Artigo 13º.-Aplicación e desenvolvemento.

A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

POSTOS DE ASESORES E/OU ASESORAS ESPECIALISTAS

DO SERVICIO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

Asesoría de:Nº prazas

Bioloxía e xeoloxía1

Debuxo e educación plástica e visual1

Educación física1

Educación infantil1

Educación primaria1

Filosofía1

Ciencias sociais, xeografía e historia1

Física e química1

Latín, grego e cultura clásica1

Lingua castelá e literatura1

Lingua e literatura galega1

Lingua francesa1

Lingua inglesa2

Matemáticas1

Música e danza1

Orientación1

Relixión1

Tecnoloxía1

ANEXO III

BAREMO

MéritosPuntos por curso, actividade, etc.Total puntos

máximo

Documentos xustificativos

1. Méritos específicos relacionados co posto ó que aspira.Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

1.1. Dirección ou coordinación de actividades de formación do profesorado organizadas polas administracións educativas, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións citadas, así como as organizadas polas universidades. Non se valorarán as actividades realizadas durante o período de desempeño da súa función nas estructuras de formación.Ata 25 horas0,10

De 26 a 50 horas0,20

De 51 a 100 horas0,30

De 100 a 150 horas0,40

Máis de 150 horas0,60

1

1.2. Participación como relator/a en actividades de formación do profesorado organizadas polas administracións educativas, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións citadas, así como as organizadas polas universidades. Non se valorarán as actividades realizadas durante o período de desempeño da súa función nas estructuras de formación.Ata 25 horas0,10

De 26 a 50 horas0,20

De 51 a 100 horas0,30

De 101 a 150 horas0,40

Máis de 150 horas0,60

1

1.3. Participación en programas europeos.0,25 por actividade.0,5

1.4. Participación en programas ou actividades de investigación e innovación educativa relacionados coa especialidade á que se opta.0,50 por actividade.2

1.5. Participación en programas ou actividades de investigación e innovación educativa de carácter xeral.0,50 por actividade.1

1.6. Por cada ano de servicio nas estructuras de formación do profesorado.0,50 por ano.2

2. Asistencia a actividades de formación.Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.
Por asistencia a actividades de formación do profesorado organizadas polas administracións educativas, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións citadas, así como as organizadas polas universidades:Ata 25 horas0,10

De 26 a 50 horas0,20

De 51 a 100 horas0,30

De 100 a 150 horas0,40

Máis de 150 horas0,60

2.1. Actividades sobre aspectos curriculares, metodolóxicos e de avaliación propios da especialidade á que opta.2

2.2. Actividades relacionadas con aspectos curriculares, metodolóxicos e de avaliación, de carácter xeral.1

2.3. Actividades relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación.

1

2.4. Actividades relacionadas cos idiomas, cos temas transversais do currículo ou coa atención á diversidade.0,5

3. Publicacións.Exemplares correspondentes con ISBN ou ISSN.

3.1. Publicacións de carácter científico, pedagóxico e didáctico relacionadas coa especialidade á que opta.Por libroata 1

Por artigoata 0,25

Por vídeo, casette, CD, disquete

e outras similaresata 0,25

2

3.2. Publicacións educativas de carácter xeral.1

4. Titulacións académicas.Fotocopias compulsadas dos títu-

los ou certificacións de estudios.

4.1. Polo título de doutor.1

4.2. Por cada titulación de grao superior distinta á alegada para o ingreso no corpo desde o que participa.0,502

4.3. Por cada titulación de grao superior en ciencias da educación (sección de ciencias da educación), pedagoxía ou psicopedagoxía, distinta á alegada para o ingreso no corpo desde o que participa.0,75

4.4. Por cada titulación de grao medio ou diplomatura distinta á alegada para o acceso ó corpo desde o que participa.0,25

5. Antigüidade.

Por cada ano de servicio como funcionario/a de carreira (non se computarán os esixidos como requisito).

0,20

3

Folla de alegación e autobaremación.

6. Cursos de lingua galega.

Iniciación0,50

Perfeccionamento1

1

Fotocopias compulsadas.

7. Proxecto de traballo como asesor/a especialista de formación permanente do profesorado e entrevista.

(Puntuación mínima esixida para este epígrafe: 4 puntos para o proxecto e 4 puntos para a entrevista).

Proxecto6

Entrevista6

12Proxecto (máximo 25 páxinas).