Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector da carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns, da provincia de Pontevedra, con nº de código 3600215, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-2-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio o 16-2-2000. De conformidade co disposto no artigo 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de febreiro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de carpintería,

ebanistería e actividades afíns da provincia

de Pontevedra

Asistentes:

Marcos González Oliveira (CC.OO).

Xosé Xoán Melón González (CIG).

Ramón Carrera Molares (UGT).

Representación empresarial:

Enrique Cameselle Taboada, ASEMA.

Manuel Figueiras Rey, AFCM.

Félix Rodríguez Regueiro, AFCM.

Secretaria de actas: Ana Mª Martín Herrero.

Na Estrada, nos locais da Asociación Comarcal de Empresarios de A Estrada, ás doce horas do día dezaseis de febreiro de dous mil, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, co obxecto de aplica-la

cláusula de revisión salarial establecida no artigo 25 do convenio.

Para 1999 estableceuse un incremento salarial do 2,8%. O IPC, o 31 de decembro dese ano, rexistrou un incremento respecto do 1 de xaneiro do 2,9%, polo que, en aplicación do artigo 25 do convenio, debe efectuarse unha revisión salarial do 0,1%, que se pagará con efectos do 1 de xaneiro de 1999, e que afecta os seguintes conceptos económicos:

ANEXO I

Táboa de salarios 1999

CategoríasSalario

base

Compensación

antigüidade

Retribución

total

* Persoal de taller
Encargado xeral, xefe de taller116.8943.000119.894
Encargado de sección, de producción116.2833.000119.283
Oficial preparador-trazador115.4863.000118.486
Oficial de 1ª114.1463.000117.146
Oficial de 2ª111.9233.000114.923
Axudante110.6523.000113.652
Peón108.0013.000111.001

* Persoal administrativo e técnico
Xefe de oficina, de oficina técnica,

analista, programador

132.7773.000135.777
Oficial de 1ª, delineante técnico

especialista, programador

118.6403.000121.640
Oficial de 2ª, delineante técnico

auxiliar, operador

111.9233.000114.923
Auxiliar administrativo, telefonista110.3813.000113.381
AprendicesSMI

Artigo 30º.-Axudas de custo.

Axuda de custo con pernoita: 5.660 ptas.

Axuda de custo completa: 3.910 ptas.

Media axuda de custo: 1.852 ptas.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás trece horas do día arriba indicado.