Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.516

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns, con nº de código 3600215, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-2-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de la Madera (ASEMA) e a Asociación Provincial de Fabricantes y Comerciantes del Mueble de A Estrada, e, da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 16-2-2000, de conformidade co disposto no artigo 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei

do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de febreiro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia

de Pontevedra

Acta final

-Asistentes:

CC.OO.:

José Carlos Varela Pérez.

Marcos González Oliveira.

Francisco Estévez Rodríguez.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

Alberto Corral Villar.

Xosé Pablo Piñeiro Carrera.

Carlos Tielas Bernardino.

Pablo Pousa Ortega.

UGT:

Ramón Carrera Molares.

Manuel Graña Bon.

José M. Carrera Gándara.

Cándido Fernández Fernández.

Cristóbal Sánchez López.

Representación empresarial:

Pablo González López. ASEMA.

Enrique Cameselle Taboada. ASEMA.

Gonzalo Figueiras Rey. AFCM.

Antonio Iglesias Neiro. AFCM.

José Nogueira Cortés. AFCM.

Adolfo Puga Fernández. AFCM.

Manuel Prieto Giadanes. AFCM.

José Pose Mato. AFCM.

Manuel Couto Amosa. AFCM.

Félix Rodríguez Regueiro. AFCM.

Secretaria de actas:

Ana Mª Martín Herrero.

Na Estrada, nos locais da Asociación Comarcal de Empresarios da Estrada, sendo as doce trinta horas do día dezaseis de febreiro de dous mil, reúnense a comisión deliberadora do convenio colectivo de traballo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra co fin de proceder á sinatura da modificación dos artigos 17, 24, 25, 30 e 31 e anexo I do mesmo. Asisten as persoas sinaladas anteriormente.

Aberta a sesión, ámbalas representacións aproban o texto dos artigos en negociación e a táboa salarial anexa e proceden á súa sinatura en proba de conformidade. Acórdase a súa remisión á autoridade laboral para efectos do seu rexistro e posteiror publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás trece trinta horas do día arriba indicado.

Convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra

Modificación dos artigos 17, 24, 25, 30 e 31 e anexo I para o ano 2000, de acordo co establecido no artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia do convenio.

Artigo 17º.-Días festivos.

1. Para efectos de distribución e adecuación da xornada anual, con vixencia para 2000, consideraranse como non laborables e retribuídos os días 17 de maio, 7 de decembro e 22 de decembro (4 horas).

2. Nos concellos onde a festa local coincida cun día non laborable ou festivo de convenio, trasladarase ó día inmediatamente seguinte. Para o 2000, nos concellos que se relacionan, tamén serán festivos de convenio os seguintes: Bueu, 13 de novembro; Crecente, 15 de maio; Moaña, 13 de novembro; Vilaboa, 13 de novembro; As Neves, 31 de xullo e 7 de agosto e Poio, 26 de xuño.

3. Os días de descanso retribuído establecidos na alínea 1 poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes.

Artigo 24º.-Salarios.

1. Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá as retribucións consignadas na táboa anexa, incrementadas, se é o caso, coa antigüidade correspondente.

Os aumentos concedidos polo presente convenio absorberán os que, por imperativo legal, se impuxeran posteriormente durante a vixencia del. Os conceptos económicos terán eficacia ós oito días da sinatura do convenio.

2. Incremento para 2000. Aplicarase un 3% sobre a táboa salarial vixente o 31 de decembro de 1999.

Artigo 25º.-Revisión salarial.

1. No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2000 un incremento respecto do 1 de xaneiro superior ó 2,25% efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A revisión levarase a cabo unha vez se constate oficialmente e pagarase con efectos do 1 de xaneiro.

2. Se tendo en conta o establecido no punto anterior, operarase unha revisión salarial, a comisión paritaria deberá reunirse necesariamente dentro dos 15 días seguintes á data en que se coñezan os datos oficiais, co obxecto de cuantifica-lo dito exceso e proceder á elaboración da nova táboa salarial. A dita táboa revisada servirá de base de cálculo para o incremento do ano seguinte.

Artigo 30º.-Axudas de custo.

1. Tódolos traballadores que por necesidades da empresa e por orde do empresario, teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custo completa con pernoita: 5.830 ptas.

-Axuda de custo completa: 4.027 ptas.

-Media axuda de custo: 1.908 ptas.

2. Se por circunstancias excepcionais os gastos orixinados superan os importes establecidos para o efecto, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo de coñecemento e posterior xustificación por parte do traballador.

3. Se a empresa se fixese cargo de tódolos gastos non aboará cantidade ningunha por estes conceptos ós traballadores.

Artigo 31º.-Desgaste de ferramentas.

A empresa que non entregue ós seus productores as ferramentas necesarias para os seus traballos pagará en compensación do desgaste delas 181 pesetas por cada día de traballo.

ANEXO I

Táboa de salarios 2000

Salario

base

Compens.

antigüidade

Retribuc.

total

Persoal de taller
Encargado xeral, xefe de taller120.4014.500124.901
Encargado de sección, de producción119.7714.500124.271
Oficial preparador-trazador118.9514.500123.451
Oficial 1ª117.5704.500122.070
Oficial 2ª115.2814.500119.781
Axudante113.9724.500118.472
Peón111.2414.500115.741

Persoal administrativo e técnico
Xefe de oficina, de oficina técnica, analista,

programador

136.7604.500141.260
Oficial 1ª, delineante Téc. Espec., programador122.1994.500126.699
Oficial de 2ª, delineante Téc. Aux., operador115.2814.500119.781
Auxiliar administrativo, telefonista113.6924.500118.192
AprendicesSMI