Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.441

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de marzo de 2000 pola que se lle autoriza a oferta dun ciclo formativo ó Instituto de Educación Secundaria O Centiño de Foz (Lugo).

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

No marco destas competencias e da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co propósito de actualiza-la cualificación dos cidadáns, persegue como un dos obxectivos básicos para a formación profesional e as artes aplicadas e deseño o de lles dar unha resposta puntual e axeitada ós requirimentos de formación profesional provenientes do mundo productivo.

A necesidade de manter en todo momento actualizada a oferta educativa dos centros incide na necesidade de revisar periodicamente a oferta educativa. Neste sentido, debe acometerse de xeito progresivo a substitución das actuais ensinanzas de formación

profesional e de artes aplicadas e deseño polos novos ciclos formativos, dentro do calendario previsto, e procurarase a ampliación de oferta no contexto dos obxectivos sinalados polo Fondo Social Europeo.

Por outra parte, a progresiva implantación do ensino do novo sistema educativo fai que distintos centros poidan requiri-la implantación de ciclos formativos de graos medio e superior, como oferta para o alumnado que remata o ensino secundario obrigatorio e as diferentes modalidades de bacharelato.

Na súa virtude, visto o Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPOÑO:

Primeiro.-Autorizarlle-la oferta do ciclo formativo de grao medio Comercio, para o curso 1999-2000, ó Instituto de Educación Secundaria O Centiño de Foz (Lugo).

Segundo.-Requirirase un mínimo de 15 alumnos para poder imparti-los ditos ciclos formativos, salvo autorización expresa da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, e non se poderá, mentres tanto, formalizar ningunha matrícula. Esta condición do número mínimo de alumnos debe ser posta en coñecemento dos interesados no momento da súa preinscrición.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional determinará en cada caso o número máximo de alumnos por grupo atendendo ás condicións pedagóxicas e medios didácticos concretos. O número máximo de alumnos de cada grupo será de 30, e non se contabilizará para estes efectos o alumnado repetidor.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízanse as direccións xerais de Ordenación Educativa e Formación Profesional e de Centros e Inspección Educativa para dicta-las resolucións que consideren necesarias para o axustado desenvolvemento do disposto na presente orde.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria