Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.441

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de marzo de 2000 pola que se lle autoriza a implantación da modalidade de Ciencias da Natureza e da Saúde do novo bacharelato ó Instituto de Educación Secundaria Luis Seoane de Pontevedra.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 27 de xaneiro de 1994, autorizou a implantación do novo bacharelato en distintos centros da Comunidade Autónoma.

De acordo coa liña iniciada e co fin de darlles continuidade nos estudios ós alumnos que, tendo superadas as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, demanden o acceso ó novo bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, procede a autorización da implantación en determinados centros das modalidades de bacharelato previstas no Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coa proposta formulada pola Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autorizarlle a implantación da modalidade de Ciencias da Natureza e da Saúde do novo bacharelato ó Instituto de Educación Secundaria Luis Seoane de Pontevedra, para o curso 1999-2000.

Segundo.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria