Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.441

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de marzo de 2000 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 1 de Xinzo de Limia (Ourense).

Tendo en conta o artigo 3, do punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Xinzo de Limia.

Localidade: Xinzo de Limia.

Código do centro: 32014801.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 1 de Xinzo de Limia.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Cidade de Antioquía.