Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de pesca fluvial 99/0116.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, de 4 de xuño), polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 40 da Lei de pesca fluvial de Galicia, en concordancia co artigo 101 do seu regulamento.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-99/0116.

Denunciado: José Luis Bello Castro.

DNI: 32.752.607.

Último enderezo coñecido: Avda. da Pasaxe, 9-8º D, 15009 A Coruña.

Feitos denunciados: non respecta-las limitacións de número, peso ou tamaño fixadas pola consellería.

Tipificación: artigo 33.9º da Lei de pesca en concordancia co artigo 90.9º do seu regulamento; cualificación leve.

Sanción proposta: 41.000 ptas.