Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de montes 99/046MP e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores que se intrúen, por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e do seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As resolucións serán acordadas polo director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para os dous primeiros casos e polo conselleiro de Medio Ambiente para o terceiro caso.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados propostas de resolucións, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ós expedientes. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1389/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 21 de febreiro de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente montes: 99/046MP.

Denunciado: Suárez Fafián, Benito.

DNI: 27.582.218.

Último enderezo coñecido: praza Cuba, nº 2-6º D Sevilla.

Infracción: corta sen autorización de 9 castiñeiros.

Tipificación: artigo 432.1º da Lei de montes.

Sanción proposta: 16.880 pesetas.

Expediente montes: 99/089MP.

Denunciado: Sande Blanco, F. José.

Último enderezo coñecido: Camiño Vello-Negreira.

Infracción: corta sen autorización.

Tipificación: artigo 432.1º da Lei de montes.

Sanción proposta: 32.000 pesetas.

Expediente montes: 99/063MV.

Denunciado: Martins Gondinho, Julio.

DNI: 5.837.441.

Último enderezo coñecido: Rúa do Toxo, baixo 6, portal nº 4-Ribeira.

Infracción: corta sen autorización.

Tipificación: artigo 411.

Sanción proposta: 140.000 pesetas.