Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores de pesca fluvial OU 152/1999P e catro máis (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 10 de febreiro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 152/1999-P.

Denunciado: José Benito Soto del Río.

DNI: 34.382.043-X.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Puga, nº 41-2º I (Ourense).

Feito probado: pescar dúas troitas de dimensións inferiores ás legais.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: leve.

Sanción: multa de 5.000 pesetas.

Expediente: OU 172/1999-P.

Denunciado: José Luis Rodríguez Conde.

DNI: 34.720.264-Q.

Último enderezo coñecido: Muralla, nº 2-2º A, Verín (Ourense).

Feito probado: pescar dúas troitas de dimensións inferiores ás legais.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: leve.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.

Expediente: OU 173/1999-P.

Denunciado: José Antonio Regueiro Otero.

DNI: 34.918.522.

Último enderezo coñecido: rúa Emilia Pardo Bazán, nº 3-1º D (Ourense).

Feito probado: ceba-las augas con fins de pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 34.14º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: multa de 50.001 pesetas, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Expediente: OU 177/1999-P.

Denunciado: Carlos Pereira Iglesias.

DNI: 34.934.121.

Último enderezo coñecido: Cinco Nogueiras, s/n. A Peroxa (Ourense).

Feito probado: pescar dúas troitas de dimensións inferiores ás legais, negándose a entregalas ós axentes.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: leve.

Sanción: multa de 25.000 pesetas.

Expediente: OU 221/1999-P.

Denunciado: José María Barreiro Fidalgo.

DNI: 34.696.398.

Último enderezo coñecido: Cazoá. Cualedro (Ourense).

Feito probado: pescar en época de veda.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 34.8º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: multa de 50.001 pesetas, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.