Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ANUNCIO do 6 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, de notificación a Ramón Sánchez-Dopico Rey, como representante da empresa Natural Cook, S.L., da resolución de revogación da axuda concedida para o proxecto titulado Instalación de industria elaboradora de callos precociñados e conxelados, por incumprimento das condicións da resolución de concesión.

Non podendo practicarse a notificación por descoñecerse o seu domicilio actual, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello de Bergondo e no Diario Oficial de Galicia, a resolución dictada con data 22 de decembro de 1999 polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria:

En relación á subvención concedida á empresa Natural Cook, S.L., expediente C-95-866-1996, vista a proposta de revogación da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, esta consellería acorda dictar resolución baseada nos seguintes

Feitos:

1. Con data 14 de marzo de 1997, esta consellería aprobou a favor de Natural Cook, S.L. un expediente de axuda para instalación de industria elaboradora de callos precociñados e conxelados (expediente C-95-866-1996), cunha subvención de 6.967.777 ptas., correspondentes ó 47% do investimento considerado subvencionable (14.825.057 ptas.), establecéndose como data límite para a presentación da xustificación dos investimentos o 31 de outubro de 1997.

2. O 5 de maio de 1998 recibiuse na Dirección Xeral de Industrias e Alimentación informe do Servicio Provincial de Industrias Agroalimentarias da Coruña no que se recolle:

«En relación ó expediente de solicitude de axuda económica (C-95-866-1996), tramitado pola empresa Natural Cook, S.L., ó amparo da Orde do 8 de

setembro de 1995 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, que ten concedida unha subvención de 6.967.777 ptas. por resolución de concesión de subvención da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de data do 14 de marzo de 1997, este servicio informa das seguintes cuestións.

Que con data 6-4-1998 se lle remitiu ó enderezo social que consta na solicitude carta certificada con xustificante de recepción, para que comunicase o estado das obras. Esta carta foinos devolta por ser descoñecida a empresa no enderezo (xúntase escrito).

Que en visita efectuada o 23-4-1998 polo técnico Pedro Vilariño Couselo, ó local en que se sitúa o investimento, polígono industrial de Bergondo, r/ Rois parcela B-20, verifícase que no local se está procedendo ó envasado e etiquetaxe de mexillóns pola empresa Tranfresco. O encargado de Tranfresco maniféstalle ó mencionado funcionario que Natural Cook retirou do local a maquinaria para elaboración de callos en abril de 1997.

Que non se recibiu neste servicio escrito ningún de prórroga, incumprindo a empresa o disposto na resolución da concesión de subvención do 14 de marzo de 1997, punto II-2 das condicións particulares, no que se establecen os prazos de solicitude de prórrogas.

Por todo iso, este servicio propón se tramite a anulación da resolución de concesión da subvención de 6.967.777 ptas. que a empresa Natural Cook, S.L. ten concedida para a realización dos investimentos recollidos no expediente C-95-866-1996.

3. Á vista do anterior, e con base no incumprimento das condicións da resolución de concesión, con data 28 de xullo de 1999, a citada dirección xeral acordou a incoación do correspondente procedemento de revogación da axuda, notificándollo ó interesado de conformidade coa lexislación vixente e outorgándolle un prazo de dez días para que formulase as alegacións que estimase pertinentes, de acordo co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Neste expediente de incoación establecíase tamén que, de non se presentar alegacións no prazo establecido, o seu contido sería considerado proposta de revogación.

4. A devandita notificación foi devolta polo servicio de correos por non ser coñecido o destinatario no domicilio que consta no expediente de solicitude de axudas, polo que, en aplicación do previsto no artigo 59.4º da devandita Lei 30/1992, foron enviados anuncios de publicidade do procedemento ó Concello de Bergondo e ó Diario Oficial de Galicia, dándose un novo prazo de dez días para a formulación de alegacións.

O dito anuncio estivo no taboleiro de edictos do devandito Concello de Bergondo do día 9 ó 25 de

novembro de 1999, e foi publicado no DOG do día 11 de novembro de 1999.

5. Transcorrido o prazo sinalado no punto anterior sen que o interesado presentase alegación ningunha, con data 13 de decembro de 1999 a Dirección Xeral de Industrias e Alimentación propón a revogación da axuda aprobada por incumprimento do previsto nas condicións da resolución de concesión da axuda.

Fundamentos xurídicos:

1. A subvención concedeuse ó abeiro do establecido nas normas seguintes:

-Regulamento (CEE) 866/1990, do Consello, do 29 de marzo, relativo á mellora das condicións de transformación e comercialización dos productos agrícolas.

-Real decreto 633/1995, do 21 de abril, polo que se regula o sistema de xestión das axudas comunitarias relativas á mellora das condicións de transformación e comercialización dos productos agrícolas e silvícolas recollidos nos regulamentos (CEE) 866/1990 e 867/1990.

-Orde do 8 de setembro de 1995 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre o procedemento de xestión das axudas comunitarias relativas á mellora das condicións de transformación e comercialización de productos agrarios e silvícolas, e ordes do 18 de abril de 1996 e do 14 de xaneiro de 1997 da mesma consellería, polas que se particulariza para os exercicios orzamentarios de 1996 e 1997, respectivamente, o procedemento de xestión destas axudas.

2. O beneficiario incumpriu o establecido nas seguintes cláusulas da resolución de concesión:

«I.4. Calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de localización, actividade, obxectivos, prazo de execución ou variación notoria do orzamento así como calquera condición específica indicada na resolución, esixirá a autorización da consellería logo da presentación da correspondente solicitude xustificada. (...).

II.2. A data límite para a presentación da xustificación dos investimentos será o 31 de outubro de 1997. Se existira imposibilidade material para facelo, solicitarase prórroga dous meses antes da data límite, razoando as causas da demora e confirmando o importe do investimento previsto».

3. A citada Orde do 8 de setembro de 1995, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes establece no seu artigo 9.1º letras b) e c):

«As axudas poderanse revogar nos seguintes casos:

(.........)

b) Por incumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión.

c) Por non presentar nos prazos sinalados a documentación requirida».

Examinado canto antecede e de acordo coa resolución de concesión de data 14 de marzo de 1997, esta consellería, en virtude das atribucións que ten conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e o seu presidente, os decretos 25/1998, do 22 de xaneiro, e 69/1999, do 18 de marzo, polos que se establece a estructura orgánica da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e o devandito Real decreto 633/1995, e vista a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) e demais normativa de aplicación xeral,

RESOLVE:

Revoga-la axuda concedida á empresa Natural Cook, S.L. (expediente C-95-866-1996), para a instalación de industria elaboradora de callos precociñados e conxelados, por importe de 6.967.777 ptas., correspondentes ó 47% do investimento considerado subvencionable, que foi de 14.825.057 ptas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ou potestativamente, recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade cos artigos 116 e 117 da citada Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e co disposto na disposición transitoria segunda desta última.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación