Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, de adquisición dunha calandra para o servicio de lavandería da residencia da terceira idade As Gándaras de Lugo.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 47/2000.

2. Obxecto: contratación adquisición dunha calandra para o servicio de lavandería da residencia da terceira idade As Gándaras de Lugo.

3. Tramitación: concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia.

4. Prazo de execución do contrato: un mes.

5. Variantes: non se admiten.

6. Orzamento: 7.453.580 pesetas.

7. Fianza provisional: 2% do orzamento (149.072 pesetas).

8. Fianza definitiva: 4% do orzamento.

9. Clasificación: non se esixe.

10. Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

11. Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995.

12. Criterios de adxudicación: os definidos no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares (folla de especificacións).

13. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Ronda da Muralla, nº 70), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles agás os sábados. Así mesmo, poderán examinarse nas restantes delegacións provinciais da consellería e na Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

15. Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla nº 70, C.P. 27071), en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

16. Prazo de presentación: será de 13 días naturais contados desde o siguiente ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

17. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de reunións da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sita na Ronda da

Muralla nº 70. Se coincidira en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

18. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

19. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 14 de marzo de 2000.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo