Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 6 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador I.S.-9/99-3 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícase a Antonio Santos y Otros S.C., o inicio do expediente sancionador nº I.S.-9/99-2 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e que consta nos locais da Dirección Xeral de Saúde Pública (Camiño do Francés 10, baixo), para que o expedientado poida ter coñecemento do contido del.

Fáiselle saber así mesmo o dereito que o asiste para presentar alegacións ante a Dirección Xeral de Saúde Pública no prazo de 15 días contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administartivo común.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2000.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: I.S.-9/99-3.

Denunciado: Antonio Santos y Otros S.C.

Último enderezo coñecido: rúa Marcelo Macías nº 47 1º D.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Art. 35 da Lei 14/1986 (xeral de sanidade), Art. 24 Pto. 3-1º do R.D. 1749/1998, Art. 2º Apdo. 2.3º do R.D. 1945/1983, Art. 5º Apdo. i do R.D. 147/1993.

Sancionador: Lei 14/1986 (xeral de sanidade), R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Infracción proposta: grave.