Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ANUNCIO do 6 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, de notificación a Daniel Sineiro Fontenla, como representante da empresa Explotaciones Forestales del Salnés, S.L., da resolución de revogación da axuda concedida para o proxecto titulado Modernización e ampliación de instalacións e maquinaria, por incumprimento das condicións da resolución de concesión.

Intentada notificación no último domicilio coñecido e non podendo practicarse ó ser devolta polo servicio de correos, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello de Ribadumia e no Diario Oficial de Galicia, a resolución dictada con data 22 de decembro de 1999 polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria:

«En relación á subvención concedida á empresa Explotaciones Forestales del Salnés, S.L., expediente P-21-867-1995, vista a proposta de revogación da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, esta consellería acorda dictar resolución baseada nos seguintes

Feitos:

1. Con data 12 de maio de 1997, esta consellería aprobou a favor de Explotaciones Forestales del Salnés, S.L., un expediente de axuda para Modernización e ampliación de instalacións e maquinaria (expediente P-21-867-1995), cunha subvención de 7.792.652 ptas.,

correspondentes ó 47% do investimento considerado subvencionable (16.580.110 ptas.), establecéndose como data límite para a finalización dos investimentos o 30 de outubro de 1997 (prazo que foi ampliado posteriormente mediante prórroga ata o 30 de maio de 1998).

2. Transcorrido amplamente o prazo outorgado sen que o interesado presentase a documentación pertinente, o Servicio de Producción e Industrias Forestais da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, con data 19 de novembro de 1999, remítelle informe á Dirección Xeral de Industrias e Alimentación no que propón a revogación da axuda concedida.

3. Á vista do anterior, e con base no incumprimento do previsto nas condicións da resolución de concesión, con data 1 de decembro de 1999, a Dirección Xeral de Industrias e Alimentación acordou a incoación do correspondente procedemento de revogación da axuda, notificándollo ó interesado de conformidade coa lexislación vixente e outorgándolle un prazo de dez días para que formulase as alegacións que estimase pertinentes, de acordo co artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Neste expediente de incoación establecíase tamén que, de non se presentar alegacións no prazo establecido, o seu contido sería considerado proposta de revogación.

4. Transcorrido o prazo recollido no número anterior sen que o interesado presentase alegación ningunha, con data 21 de decembro de 1999 a Dirección Xeral de Industrias e Alimentación propón a revogación da axuda aprobada por incumprimento do previsto nas condicións da resolución de concesión.

Fundamentos xurídicos:

1. A subvención concedeuse ó abeiro do establecido nas normas seguintes:

-Regulamento (CEE) 867/1990, do consello, do 29 de marzo, relativo á mellora das condicións de transformación e comercialización dos productos silvícolas.

-Real decreto 633/1995, do 21 de abril, polo que se regula o sistema de xestión das axudas comunitarias relativas á mellora das condicións de transformación e comercialización dos productos agrícolas e silvícolas contemplados nos Regulamentos (CEE) 866/1990 e 867/1990.

-Orde do 8 de setembro de 1995 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre o procedemento de xestión das axudas comunitarias relativas á mellora das condicións de transformación e comercialización de productos agrarios e silvícolas, e Orde do 18 de abril de 1996 da mesma consellería, pola que se particulariza para o exercicio orzamentario de 1996 o procedemento de xestión destas axudas.

2. O beneficiario da axuda incumpriu o establecido nas seguintes cláusulas da resolución de concesión:

I.4. «Calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de localización, actividade, obxectivos, prazo de execución ou variación notoria do orzamento así como calquera condición específica indicada na resolución, requirirá a autorización da consellería logo da presentación da correspondente solicitude xustificada. (...)».

I.5. «Para proceder ó pagamento da subvención, o beneficiario achegará a documentación esixida no anexo B da Orde do 8 de setembro de 1995 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (DOG nº 186, do 27)».

I.10. «No prazo máximo de 6 meses desde a data da concesión debe estar executado como mínimo un 20% do investimento, sendo o prazo para a finalización dos investimentos o 30 de outubro de 1997 (ampliado posteriormente mediante prórroga ata o 30 de maio de 1998). Se existira imposibilidade material para iso, solicitarase prórroga dous meses antes da data límite, razoando as causas da demora e confirmando o importe do investimento previsto».

3. A citada orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes establece no seu artigo 9.1º letras b) e c):

«As axudas poderanse revogar nos seguintes casos:

(.....)

b) Por incumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión.

c) Por non presentar nos prazos sinalados a documentación requirida».

Examinado canto antecede e de acordo coa resolución de concesión do 12 de maio de 1997, esta consellería, en virtude das atribucións que ten conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, os decretos 25/1998, do 22 de xaneiro, e 69/1999, do 18 de marzo, polos que se establece a estructura orgánica da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e o devandito Real decreto 633/1995, e vista a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) e demais normativa de aplicación xeral,

RESOLVE:

Revoga-la axuda concedida á empresa Explotaciones Forestales del Salnés, S.L., (expediente P-21-867-1995) para modernización e ampliación de instalacións e maquinaria, por importe de 7.792.652 ptas., correspondentes ó 47% do investimento considerado subvencionable, que foi de 16.580.110 ptas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo

do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-adminsitrativa, ou potestativamente, recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade cos artigos 116 e 117 da citada Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e co disposto na disposición transitoria segunda desta última.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación