Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 1 de marzo de 2000, do Servicio de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador C-10/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada no expediente sancionador por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

Roberto Pena Puentes

Instructor xefe do Servicio de Vixilancia

e Inspección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Número de expediente: C-10/1999.

Denunciado: Gumersindo Meijón Álvarez.

Enderezo: Rúa da Tapia, 41-5. Cambre, A Coruña.

Precepto infrinxido: 54 da Lei 8/1995.

Precepto sancionador: 90 g) da Lei 8/1995.

Sanción: 300.000 pesetas (trescentas mil).