Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de instalacións do ramal a Aluminios Quintás, nos termos municipais de Rois e Padrón.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia do 20 de outubro de 1999, autorizóuselle o proxecto de instalacións do ramal a Aluminios Quintás, que discorre polos termos municipais de Rois e Padrón. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación, de conformidade co disposto nos artigos 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, cómpre a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos concellos onde radican

os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o dito artigo 52, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedese, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar, á súa custa, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Para o levantamento de actas os afectados deberán presentarse o próximo día 14 de abril de 2000, a partir das 13.30, no Concello de Padrón.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación desta resolución ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo, así como daqueles que resultasen de titularidade descoñecida ou con enderezo ignorado da relación que se someteu ó trámite de información pública para o outorgamento da resolución da Dirección Xeral de Industria.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 8 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Convocatoria de actas previas á ocupación

Proxecto: ramal a Aluminios Quintás.

Termo municipal: Padrón.

-Predio nº: C-PA-23

Titular: Eladio Arias Fernández.

Domicilio: Julio Camba, 10-3º B,

36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Citación:

Día: 14.

Mes: abril.

Hora: 13.30 h.

-Predio nº: C-PA-23-PO

Titular: Eladio Arias Fernández.

Domicilio: Julio Camba, 10-3º B,

36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Citación:

Día: 14.

Mes: abril.

Hora: 13.30 h.