Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación de módulo a 220 kV na liña Ferroatlántica-subestación de Sabón, Arteixo, na provincia da Coruña. (Expediente IN407A 98/175-1).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para efectos de notificación en Avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 30 de abril de 1998, a empresa Unión Fenosa, S.A. solicitou a autorización administrativa da ampliación de módulo a 220 kV liña Ferroatlántica-subestación Sabón e a aprobación do seu proxecto de execución.

Entregan o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son a ampliación da subestación eléctrica de Sabón, dotándoa dun novo módulo de 220 kVda liña Ferroa-tlántica coa seguinte paramenta:

-Interruptor automático tripolar en SF6 de 2.500 A.

-Seccionador pantógrafo con mando unipolar para barras de 2.000 A.

-Seccionador xiratorio con mando tripolar para barras de 2.000 A.

-Seccionador xiratorio con mando tripolar con coitelas de P.A.T. para 2.000 A.

-Transformadores de tensión e de intensidade.

-Equipos para proteccións, telecontrol, medida e servicios auxiliares.

Segundo.-O citado anteproxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 18-6-1998, publicándose no DOG do 29-7-1998, no BOP da Coruña do 24-7-1998.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu o informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autoriza-la ampliación módulo a 220 kV liña Ferroatlántica-subestación Sabón.

-Aproba-lo proxecto de execución da citada modificación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria