Vistos o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Rosa, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
A) Antecendentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito con data do 13-10-1999, Rosa García Cores solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Rosa.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas, e do Servicio Técnico-Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión inter vivos a favor de Mª Carmen Viñas García (35.439.369), da concesión administrativa da batea que se indican a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Rosa.
Localización: 72 Cambados A.
Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 24-6-1994.
Remate da vixencia: 14-9-2004.
Actual titular: Rosa García Cores (35.408.249) e José-Luis Viñas Allo (35.268.391).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter entregado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización de compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de
reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 21 de febreiro de 2000.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo