Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Artesanos Textiles, que no sucesivo e en virtude da dita modificación pasará a denominarse Asociación Galega de Artesáns Tradicionais.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 16 de febreiro de 2000, certificación expedida pola secretaria da referida asociación, Eloísa Costas Iglesias, co visto e prace do presidente, Albino Quinteiro Mora, na que se reflicten os acordos acadados na asemblea xeral extraordinaria celebrada o día 6 de febreiro de 2000, e que consisten na modificación do nome da asociación e no artigo 6 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral Relacións Laborais