Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Cexga Círculo de Exportadores Gallegos.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Cexga Círculo de Exportadores Gallegos que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia e se dediquen á exportación de productos ou servicios.

Asinan a acta de constitución: Luis Martínez Trigo, en representación da sociedade Hisemar, S.L., e cinco persoas máis representando a outras sociedades.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais