Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Chiringuitos de Bueu.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Chiringuitos de Bueu, que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: empresarios de servicios de alimentación e bebida en tempada, en quioscos, chigres, remolques e outros locais.

Asinan a acta de constitución: Amelia Juncal Meira e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 3 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra