Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de modificación parcial dos estatutos xerais da Asociación de Comerciantes del Mercado Municipal de la Piedra, de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foi depositada a certificación do acordo da asemblea xeral pola que se modifican parcialmente os estatutos da Asociación de Comerciantes del Mercado Municipal de la Piedra, de Vigo, que afectan concretamente ós artigos 1, 3, 6, 11, 13, 19, 24, 26, 34, 40, 41, 47, 49, 61 e 64, salientando especialmente a supresión da mención municipal, acompañándose o novo texto dos estatutos.

Asinan a certificación do acordo: Mª Teresa Blanco Riveiro e Adolfo Riveiro Sánchez, presidenta e secretario da asociación, respectivamente.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 7 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra