Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 20 e 31/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

Nome: Koke Vilalba, S.L.

DNI/NIF: B-27206416.

Nº expediente: LU-E 31/2000.

Precepto infrinxido: 26 e) ou 23 o) en relación co 26 e) da L.O. 1/1992.

Último enderezo: Cidade de Viveiro, Vilalba.

Multa máxima: ata 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Nome: Ángel Rodríguez Rodríguez.

DNI/NIF: 46.570.251.

Nº expediente: LU-E 20/2000.

Precepto infrinxido: 23 o) en relación co 26 e) da L.O. 1/1992.

Último enderezo: Almirante Romay, 5, A Coruña.

Multa máxima: ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria a xefa de negociado Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración local e Interior desta delegación provincial e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 9 de marzo de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo