Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 218/1999 e catro máis.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que, de non se interpoñer este en tempo e forma, terá que aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se

rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 9 de marzo de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expediente Precepto infrinxido Último domicilioMulta

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 218/199923 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992 Cidade de Viveiro, Vilalba50.001 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 229/199923 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992 Cidade de Viveiro, Vilalba50.001 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 240/199923 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992 Cidade de Viveiro, Vilalba50.001 ptas.

Ángel Rodríguez Rodríguez46.570.251LU-E 231/199923 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992 Almirante Romay 5, A Coruña50.001 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 244/199923 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992 Cidade de Viveiro, Vilalba50.001 ptas.