Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 1 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, por medio desta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que contra a devandita resolución os interesados poden formular recurso de alzada no prazo dun mes, contado desde a súa publicación ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co establecido no artigo 115

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999.

Advertíndolles que de non ser interposto en tempo e forma terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña ou nas dependencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 e demais disposicións xerais de aplicación.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

EmpresaDomicilio

Localidade

Nº Expte.Data Resol. dirección xeral ou conselleríaPrecepto infrinxidoPrecepto sancionadorSanción imposta

Limpiezas Edlasa, S.L.A Coruña114/1999 (I.D.X.)

86/1999 (CO)

956/1998 (AI)

3-11-1999Artigo 4.2º a) do Estatuto dos traballadores, aprobado polo R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo.Artigo 96.11º do Estatuto dos traballadores.1.500.000 ptas.