Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T. Marrube-Vilatán, concello do Saviñao. (Expediente 8/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez 45 Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións

en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que na tramitación do expediente se presentaron as seguintes alegacións:

1. Germán Vázquez Otero, que solicita que a empresa beneficiaria lle facilite máis datos para determina-la afección do seu predio, manifestando nun segundo escrito de alegacións a súa disposición para chegar a un acordo amigable sobre a indemnización que lle corresponda.

2. Carlos Álvarez Fernández, manifesa a existencia dun erro na relación de bens e dereitos sometida a información pública en canto ó tipo de cultivo que corresponde á parcela nº 82 das afectadas polo trazado da liña por tratarse de labradío e non de xestas.

3. Amadeo Aurelio Varela García, manifesta non se-lo único titular das parcelas nº 1, 55, 58 e 59 das afectadas polo trazado da liña e que existe un erro en canto o tipo de cultivo sinalado a tales predios por tratarse de prado e non de monte como figuraba na relación de bens e dereitos afectados sometida a información pública.

4. Luisa Varela Regal, quen, con base en que o seu predio (identificado co nº 88 dos afectados polo trazado da liña) está recentemente repoboado con castiñeiros e carballos para o que conta cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, solicita que o trazado proxectado non invada a zona repoboada, podendo pasar polos lindeiros do predio.

Considerando que tales alegacións non impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1. Con respecto á alegación formulada por Germán Vázquez Otero, porque, ó amparo do artigo 24 da Lei de expropiación forzosa chegouse a un mutuo acordo entre este e a empresa beneficiaria sobre a indemnización polo paso da liña sobre o predio polo que se entende rematado o expediente iniciado con respecto ó dito interesado.

2. Con respecto á alegación formulada por Carlos Álvarez Fdez. para que a empresa beneficiaria fixera as oportunas correccións en canto ó tipo de cultivo existente na súa parcela e que se recolle na nova relación de bens e dereitos afectados que se publica como anexo da presente relación.

3. Con respecto á alegación formulada por Amadeo Aurelio Varela García, para que a empresa beneficiaria fixera as oportunas correccións en canto ó tipo de cultivo e tamén a existencia doutros titulares dos predios nº 1, 55, 58 e 59 a quen se lles practicou a oportuna notificación para que presentaran as alegacións que considerasen oportunas, correccións que se recollen na nova relación de bens e dereitos que se publica como anexo da presente resolución.

4. No referente o alegado por Luisa Varela Regal, porque o feito de que o seu predio foi recentemente repoboado cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente non é un suposto de prohibición nin limitación para a imposición da servidume de paso, sendo en todo caso unha circunstancia que será obxecto da correspondente valoración para a fixación da indemnización que corresponda. Así mesmo, a variación do trazado que propón a alegante non se pode ter en conta por non dárense as condicións previstas no artigo 57 b) da Lei 54/1997, do sector eléctrico.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidad Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea Galegos-Vilatán a 20 kV con orixe no P-51 da L.M.T. ó C.T. Buxán e remate no P-3 da L.M.T. o C.T. Vilatán, cunha lonxitude de 3,137 km conductor LA 56/54,6 mm e apoios de formigón.

2. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Laxe a 20 kV con orixe no P-16 da L.M.T. Galegos-Vilatán e remate no C.T. de Laxe, cunha lonxitude de 0,24 km conductor LA 56/54,6 mm e apoios de formigón.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 29 de marzo de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración se dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos que se publica como anexo a esta resolución. Ata o momento do levantamento das actas, proderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 23 de febreiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 8/1999Provincia: Lugo

L.M.T. a C.T. de LaxeTermo municipal: O Saviñao

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1A CruzMonte baixoAmadeo Varela García

Mercedes Varela García

Srs. Verela Fdez. (Sobrinos)

Herminia, Marisa, Pilar, Emilio y

San Sadurniño (Escairón), 118,

27547-O Saviñao

Plza. Paz Novoa, 6-6º Esda.

32003-Ourense

Diamondi, 27548-O Saviñao

2-342402.400

Expediente: 8/1999Provincia: Lugo

L.M.T. Marrube VilatánTermo municipal: O Saviñao

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

28ValXestasDescoñecido15150

55A CruzMonte baixoAmadeo Varela García

Mercedes Varela García

Srs. Verela Fdez. (Sobrinos)

Herminia, Marisa, Pilar, Emilio y

San Sadurniño (Escairón), 118,

27547 O Saviñao

Plza. Paz Novoa, 6-6º Esda.,

32003-Ourense

Diamondi, 27548-O Saviñao

35350

58SalgueirosMonte baixoAmadeo Varela García

Mercedes Varela García

Srs. Verela Fdez. (Sobrinos)

Herminia, Marisa, Pilar, Emilio y

San Sadurniño (Escairón), 118,

27547 O Saviñao

Plza. Paz Novoa, 6-6º Esda.,

32003-Ourense

Diamondi, 27548-O Saviñao

14140

59SalgueirosPradoAmadeo Varela García

Mercedes Varela García

Srs. Verela Fdez. (Sobrinos)

Herminia, Marisa, Pilar, Emilio y

San Sadurniño (Escairón), 118,

27547 O Saviñao

Plza. Paz Novoa, 6-6º Esda.,

32003-Ourense

Diamondi, 27548-O Saviñao

1721301.300

61SalgueirosMonte baixoJosé Idilio López Rguez.Piñeiro, 27547-O Saviñao12120

79PascualPradoCarmen LópezVilatán-Casado (Canteiro),

27547-O Saviñao

45

81PascualCarballeiraDolores Expósito SacoR/ Rafael Campaláns (Hospitalet de Llobregat), 1523113130

82PascualLabradíoJosé Carlos Álvarez Fdez.R/ Pujás (Hospitalet de Llobregat), 112-1º-3 D, BA23115150

88AcibeirosCarballeiraLuisa Varela RegalR/ Roberto Bahamonde, 52-3º B,

27400-Monforte de Lemos

25, 26,

27

62852.850