Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/14-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. parcelas C-2, C-3, C-4 polígono de Bergondo.

Situación: Bergondo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 321 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV-240 mm Al, en polígono de Bergondo, que parte do paso aéreo-subterráneo ó C.T. nº 7 e final no C.T. prefabricado nº 8 de 630 kVA e R.B.T. subterránea de C.T. anterior de 873 m, en conductor R.Z. e R.B.T. subterránea do C.T. nº 7 de 134 m, en conductor R.Z. Concello de Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña