Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/346-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación A Estrada.

Situación: A Estrada.

Características técnicas: ampliación subestación cun módulo de transformador de 12 MVA, a 66/20 kV, co seu correspondente aparellaxe, un módulo de línea 66 kV con saída aérea co seu correspondente aparellaxe, un módulo de liña de reserva sen equipar, e substitución dun transformador existente de 6 MVA en módulo por un novo de 12 MVA. Toda a instalación está situada na subestación da Estrada, no concello da Estrada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra