Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.222

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos acordos acadados pola comisión negociadora do convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo consistentes na actualización salarial para os anos 1999, 2000 e 2001 e no texto do convenio colectivo aplicable a partir de xaneiro de 1999.

Vistos os acordos acadados pola comisión negociadora do convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo, con data do 10 de xaneiro de 2000, consistentes na actualización salarial para os anos 1999, 2000 e 2001 e no texto do convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo, aplicable a partir do 1 de xaneiro de 1999 e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición dos devanditos acordos da comisión negociadora no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Actualización salarial para os anos

1999-2000-2001

Para o ano 1999 páctase un incremento salarial do tres por cento (3%), que se devengará desde o

primeiro de xaneiro de 1999 e que se aplicará sobre os seguintes conceptos: salario convenio, antigüidade, complemento de transporte e quebranto de moeda. Para os anos 2000 e 2001 páctase un incremento salarial, segundo o artigo 40, correspondente á supresión da antigüidade, do dous por cento (2%) sobre os salarios do 1999, 2000 e 2001 respectivamente, nas mesmas condicións cás do ano anterior, resultando os seus importes nas contías seguintes:

Ano 1999Ano 2000

Categ. ACateg. BCateg. CCateg. ACateg. BCateg. C

Sala especial136.712124.728112.746142.235129.767117.301

Sala 1124.728116.341106.755129.767121.041111.068

Sala 2112.746106.755100.763117.301111.068104.834

Sala 3103.759100.76398.367107.951104.834102.341

Ano 1999Ano 2000

Complemento de transporte7.6417.950

Quebranto de moeda4.7764.969

Ano 1999Ano 2000

Categ. ACateg. BCateg. CCateg. ACateg. BCateg. C

Horas extra1.8311.7231.6161.9051.7931.681

Salario ano 2001: salario 2000xIPC previsto=Xx2%=salario 2001.

A liquidación dos atrasos correspondentes será do seguinte xeito:

-25.000 ptas. o 31-12-1999, ou parte proporcional ó persoal que non teña o ano 1999 completo traballado.

-O salario de xaneiro actualizado a salario 2000.

-Resto de atrasos para aboar antes do 31-3-2000.

Texto do convenio colectivo das empresas

organizadoras do xogo do bingo, aplicable a partir

do 1 de xaneiro de 1999

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

Este convenio afecta a totalidade de empresas dedicadas á organización do xogo do bingo que exerzan a súa actividade, total ou parcialmente, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto ás actualmente en funcionamento como ás que nun futuro se constitúan.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afecta a tódolos traballadores que prestan os seus servicios nas empresas ás que fai referencia o artigo anterior e igualmente a aqueles que con posterioridade á entrada en vigor deste convenio ingresen nelas. O convenio establece as bases para as relacións laborais entre empresas e traballadores afectados por el, calquera que sexa a modalidade de contratación laboral.

Artigo 3º.-Vencellamento á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa apli

cación práctica serán consideradas no seu conxunto globalmente, polo que, no suposto de que a autoridade laboral competente, no exercicio das súas facultades, non homologase algunha das súas cláusulas, quedaría sen eficacia na súa totalidade e deberíase reconsiderar todo o seu contido.

Artigo 4º.-Melloras adquiridas.

As empresas afectadas por este convenio respectarán as condicións máis beneficiosas ou vantaxosas concedidas ós seus traballadores, antes ou despois da súa aprobación, e serán consideradas todas elas en cómputo anual e no seu conxunto, sen prexuízo do disposto no artigo 5º.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

Tódalas condicións pactadas neste convenio son compensables na súa totalidade e no seu cómputo anual polas melloras, de calquera índole, que estean a desfruta-los traballadores, cando estas superen a contía total do convenio e se consideren absorbibles desde a súa entrada en vigor.

Artigo 6º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1º de xaneiro de 1999, con independencia da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e finalizará o 31 de decembro de 2001, tendo, por tanto, unha vixencia de tres anos. En todo caso, a súa denuncia non significará modificación ningunha do texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución por outro novo nos termos que as partes establezan.

Artigo 7º.-Características do convenio.

Tódalas condicións económicas ou doutra índole pactadas neste convenio, consideradas no seu conxunto e no seu cómputo anual, teñen a consideración de mínimas.

De mutuo acordo entre as partes poderíanse asinar acordos ou pactos entre as empresas e os seus traballadores a través dos seus órganos de representación sindical; estes terán o carácter de complementarios deste convenio.

Os conflictos que se orixinen resolveranse, polo tanto, segundo o previsto no Estatuto dos traballadores para a resolución de conflictos de normas.

Artigo 8º.-Réxime de contratación e fomento do emprego.

As empresas afectadas por este convenio cubrirán os postos de traballo dos seus cadros de persoal, conforme as normas vixentes en materia de contratación e afiliación ó réxime da Seguridade Social.

Estas empresas terán que contar cun mínimo de persoal de carácter fixo, igual ó número que segundo a categoría de cada sala e con carácter mínimo prevexan as normas administrativas do xogo do bingo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na sinatura dos contratos de traballo estará presente, polo menos, un representante legal dos traballadores,

se o houbese, ó que se lle entregará unha copia do contrato, sen prexuízo da copia correspondente ó traballador.

Nas salas de nova apertura, a contratación será revisada pola comisión paritaria do convenio, debendo o empresario comunicar á citada comisión, cunha antelación mínima de oito días, a data de apertura prevista e a lista de futuros traballadores con indicación dos postos que van desempeñar.

Dada a actual situación de desemprego existente, a partir da entrada en vigor deste convenio, queda prohibida a contratación de persoal en réxime de pluriemprego, exceptuándose desta prohibición o traballador fixo de carácter descontinuo.

Os novos postos de traballo, así como as vacantes que se produzan, cubriranse en igualdade de condicións preferentemente mediante a contratación de profesionais de bingo en situación de desemprego, así como de traballadores que desempeñaran funcións na empresa de maneira temporal.

As empresas facultarán a formación dos seus cadros de persoal, sendo para iso propicia e aconsellable a realización de prácticas en postos de traballo de categoría superior.

A comisión paritaria velará polo estricto cumprimento do previsto neste artigo.

Artigo 9º.-Modalidades de contratación.

Observarase o disposto no artigo 9 do convenio estatal de bingos.

Artigo 10º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas limitarán a contratación de traballadores a través de empresas de traballo temporal ata un máximo de 10% do cadro de persoal de cada unha.

Artigo 11º.-Categorías profesionais.

En canto á definición de categorías profesionais, aplicarase o previsto no artigo 24 do Regulamento do xogo do bingo aprobado polo Decreto 273/1986, do 31 de xullo.

Artigo 12º.-Período de proba.

Observarase o disposto no artigo 12 do convenio estatal de bingos.

Artigo 13º.-Liquidacións.

No caso de extinción da relación laboral faráselle entrega ó traballador da correspondente liquidación de haberes cunha antelación de 5 días á data prevista da extinción.

Artigo 14º.-Xornada laboral.

A xornada laboral anual será de 1.800 horas de traballo efectivo.

Artigo 15º.-Xornada laboral e descansos.

Durante a vixencia deste convenio establécese unha xornada de traballo efectivo semanal de 40 horas e desfrutarase dun descanso semanal de dous días con

secutivos, a non ser que a xornada semanal sexa inferior a 40 horas; en todo caso aplicarase o previsto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores, podendo, non obstante, pactarse entre empresas e traballadores calquera sistema de xornada e descansos que permita a lexislación vixente, de acordo coa reducción da xornada semanal ou compensación de descansos, ben sexan estes en cómputo mensual, trimestral ou anual.

No caso de aplicarse un sistema especial confeccionarase un calendario de actividade anual no que se especifiquen as características do citado sistema, que deberá ser visado pola representación legal dos traballadores.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de 30 días naturais, ou parte proporcional ó tempo traballado.

A empresa e os traballadores elaborarán, como máis tarde no mes de decembro de cada ano, o cadro de vacacións correspondente ó ano seguinte; para estes efectos os traballadores con responsabilidades familiares terán preferencia a que o seu período de vacacións coincida con períodos de vacacións escolares, conforme dispón o número 2º do artigo 38 do Estatuto dos traballadores, sendo criterio complementario a antigüidade na empresa: o resto de traballadores rexerase polo criterio de antigüidade.

Artigo 17º.-Festivos aboables non recuperables.

Os festivos non recuperables poñeranse de mutuo acordo entre empresas e traballadores.

As festas aboables e non recuperables poderán, de común acordo entre empresas e traballadores, acumularse ás vacacións anuais, ou ser desfrutadas como descanso continuado en período distinto.

No suposto de que os festivos aboables non recuperables se desfruten de forma continuada, a empresa respectará o descanso semanal, acumulando a este o número de festas.

Artigo 18º.-Festa do traballo 1º de maio.

Convense expresamente que o 1º de maio sexa día laborable, a cambio de considerar non laborables os días 24 e 31 de decembro.

Artigo 19º.-Xubilación.

Cada traballador cunha antigüidade de 10 anos na empresa percibirá, no momento da súa xubilación, as seguintes cantidades, en función da idade no momento de producirse a dita xubilación:

Idade de xubilaciónImporte que se vai percibir

653 meses de salario real

644 meses de salario real

635 meses de salario real

626 meses de salario real

617 meses de salario real

609 meses de salario real

En tódolos casos as cantidades consignadas incrementaranse nun mes por cada 5 anos de antigüidade que exceda dos 10, sen prexuízo do que lles puidese

corresponder ós traballadores por aplicación da normativa vixente para empresas de menos de 25 traballadores.

Artigo 20º.-Enfermidade e accidente.

Os traballadores que se atopen en incapacidade laboral transitoria por accidentes, hospitalización ou convalecencia derivada de hospitalización, percibirán o 100% do seu salario real desde o primeiro día.

Se a IT vén derivada de enfermidade común, establecerase do seguinte xeito:

-Para o ano 2000, 100% do salario en activo a partir do 10º día.

-Para o ano 2001, 100% do salario en activo a partir do 5º día.

-Para o ano 2002, 100% do salario en activo desde o 1º día.

As empresas afectadas por este convenio contarán cunha póliza de seguros que lles garante ós seus traballadores as seguintes indemnizacións:

-Por falecemento, calquera que sexa a causa: 2.000.000 de ptas.

-Por invalidez absoluta ou grande invalidez: 2.000.000 de pesetas, sendo necesarias para este suposto a declaración e cualificación administrativa correspondente.

En caso de non ter contratada a dita cobertura, será a empresa a responsable do pagamento das sumas antes indicadas.

Artigo 21º.-Excedencias.

Recoñécese o dereito de excedencia, conforme o previsto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Licencias retribuídas.

Todo traballador afectado por este convenio terá dereito a permisos retribuídos, polos días naturais que se establecen a continuación, sempre que avise con antelación e se xustifiquen suficientemente.

Por matrimonio do traballador: 15 días.

Por nacemento de fillos: 3 días.

Por falecemento ou enfermidade grave de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días, ampliable a 5 se a circunstancia se desenvolve fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por matrimonio de pais, irmáns e fillos: 1 día, ampliable a 3 se o acontecemento se produce fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por comuñón de fillos: 1 día.

Por bautizo de fillos: 1 día.

Por traslado do seu domicilio habitual dentro do municipio: 1 día, e se o traslado se produce fóra do municipio será de 2 días.

En caso de matrimonio do traballador e sempre que este teña 2 anos de antigüidade, terá dereito a percibir

como premio de nupcialidade unha gratificación equivalente a 30 días de salario convenio e antigüidade.

Todos estes dereitos son estensibles ás parellas de feito.

Artigo 23º.-Maternidade.

As baixas por maternidade serán de 16 semanas obrigatorias, de acordo coa normativa vixente. Durante o embarazo o horario de traballo axustarase á petición da traballadora, entre as 8 e as 22 horas.

As traballadoras terán dereito a unha pausa dunha hora no seu traballo, que poderán dividir en dúas fraccións de media hora cando a destinen á lactación do seu fillo menor de 9 meses. Poderase substituí-la pausa ou interrupción da xornada por unha reducción da xornada normal de media hora que, na súa opinión, a poderá aplicar ó principio ou á terminación dela.

A dita pausa ou reducción será retribuída e, no caso de lactación artificial, pode ser solicitada por calquera dos cónxuxes, aínda que a opción só pode ser exercida por un deles, en caso de que ambos traballen.

Artigo 24º.-Resolución de contratos.

Será causa suficiente para que as empresas afectadas por este convenio poidan resolve-los contratos de traballo cos seus traballadores sen máis trámite que o conducente á obtención dos dereitos do subsidio de desemprego para os traballadores afectados, o feito de revogación das autorizacións administrativas de que son titulares para o exercicio da actividade, sempre que esta revogación non teña a súa causa en expediente sancionador conforme a lexislación vixente en materia de xogo.

De todas estas resolucións de contratos darase conta á comisión paritaria do convenio.

Artigo 25º.-Subrogación de servicios.

Seralle aplicable o disposto nos artigos 24, 43 e 44 do Estatuto dos traballadores con respecto ás garantías por cambio de empresario.

Artigo 26º.-Condicións económicas.

As condicións económicas e de toda índole pactadas neste convenio conviranse expresamente entre as partes, en razón, entre outras, da natureza parcialmente nocturna do traballo, tendo en conta o horario administrativo que é de aplicación á actividade e entendéndose, polo tanto, englobados nas condicións económicas establecidas todos aqueles emolumentos e demais conceptos salariais e extrasalariais que, por razón da mencionada nocturnidade, puidesen corresponder legalmente.

Artigo 27º.-Roupa de traballo.

As empresas subministrarán cada ano, como mínimo, a tódolos traballadores dous uniformes completos, un de verán e outro de inverno. Así mesmo subministrarán todas aquelas pezas de roupa para as que as empresas establezan condicións determinadas respecto do seu modelo ou cor.

Artigo 28º.-Control horario.

As empresas disporán dun control de rexistro de entradas e saídas do traballo, coa sinatura de cada traballador, salvo que o dito control sexa efectuado por medios informáticos.

Artigo 29º.-Dereitos sindicais do traballador.

Tódolos representantes legais dos traballadores terán dereito a:

-Difundir publicacións e avisos de carácter sindical nos locais da empresa entre os traballadores, fóra das horas de traballo.

-Fixar todo tipo de comunicacións e anuncios de carácter sindical no taboleiro de anuncios que para tal efecto deberá facilitar e establece-la súa localización a empresa, dentro das súas instalacións.

-Recada-las cotas sindicais dos afiliados así como calquera tipo de contribución con fins sindicais, fóra das horas de traballo.

Os traballadores que sexan elixidos para desempeñaren cargos sindicais de ámbito superior á empresa poderán solicitar excedencia sindical por un período máximo igual ó mandato sindical para o que se atopen designados, será obrigatoria para a empresa a súa concesión e a correspondente reserva do posto de traballo, debendo acredita-lo sindicato ó que represente, de maneira fidedigna, a circunstancia da elección do traballador e o tempo previsto inicialmente para o desempeño do mandato.

En todo caso, a dita excedencia non poderá supera-lo prazo de 4 anos, debendo o traballador solicita-la súa reincorporación cun aviso previo mínimo dun mes.

Artigo 30º.-Dereitos dos delegados de persoal.

Os delegados de persoal, ademais das competencias establecidas no Estatuto dos traballadores, terán dereito a:

-Convocar asembleas de traballadores logo de notificación á empresa, nos centros de traballo e fóra da xornada laboral.

-Disporán dun saldo de 20 horas mensuais de permiso retribuído para atender asuntos de carácter laboral dos seus representados, logo de notificación á empresa e posterior xustificación. As horas sindicais poderán acumularse por empresa.

-Disporán dun permiso non retribuído de ata 8 días ó ano para o exercicio de actividades sindicais á marxe da empresa, logo de notificación á empresa con 72 horas e posterior xustificación.

-Que se lle comunique ó resto de persoal o seu despedimento, en caso de producirse.

-Ser informados, con carácter previo á súa execución pola empresa, da reestructuración do cadro de persoal, peches temporais ou definitivos, reducción da xornada, así como sobre os plans de formación profesional da empresa: sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo, valoración de postos de traballo e sistemas de incentivos.

-Ser informados sobre as sancións impostas por faltas moi graves, en especial nos supostos de despedimento, así como coñece-lo índice de absentismo laboral e as súas causas.

-Ser informados pola empresa sobre a evolución xeral do sector ó que pertence esta, así como sobre o seu programa de evolución probable de emprego nesta.

Ademais, os delegados de persoal poderán exercer un labor de seguimento sobre o incumprimento de normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social.

Artigo 31º.-Garantías.

Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser sancionado ou despedido sen causa xustificada durante o exercicio das súas funcións, nin dentro dos dous anos seguintes ó seu cesamento.

Se o despedimento ou a sanción obedecese a outras causas, deberase tramita-lo correspondente expediente disciplinario contradictorio conforme prevén a lexislación vixente.

Terán prioridade na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón de desempeña-la súa representación.

Artigo 32º.-Seccións sindicais.

Os sindicatos que conten cun mínimo do 50% de afiliados na empresa, e sempre que esta conte con máis de 20 traballadores, poderán constituír seccións sindicais dos seus afiliados ante a dirección da empresa. As seccións sindicais terán un delegado sindical que gozará dos dereitos e garantías fixados para os delegados de persoal, con excepción do referente á reserva de horas sindicais.

Tódolos traballadores afectados por este convenio que desempeñen cargos sindicais de carácter provincial terán recoñecidos tódolos dereitos que lles recoñece a Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 33º.-Cotas sindicais.

Co fin de facilita-lo labor de cobramento de cotas sindicais, as empresas comprométense a descontárllelas directamente en nómina ós traballadores que o soliciten por escrito.

Artigo 34º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore ó servicio militar con carácter obrigatorio terá dereito á reserva do seu posto de traballo polo tempo que dure este, debendo reincorporarse ó seu posto de traballo nun prazo máximo dun mes desde a súa finalización. Igualmente terá dereito a percibir durante ese tempo as gratificacións extraordinarias previstas neste convenio.

Artigo 35º.-Comisión paritaria do convenio.

Constitúese unha comisión paritaria que cumprirá as seguintes funcións:

-Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

-Aplicación do pactado e vixilancia do seu cumprimento.

-Seguimento daqueles acordos que se deban desenvolver en tempo e durante a vixencia destes.

-Mediación, arbitraxe e conciliación, en caso de conflictos entre empresas e traballadores. No suposto de conflicto colectivo por instancia dun dos seus órganos poderase solicita-la inmediata reunión desta comisión para efectos de interpoñe-la súa mediación, interpreta-lo acordado e ofrece-la súa arbitraxe.

-Elaborar e propoñerlle á Administración pública modificacións ou actualizacións que sexan convenientes ás normas admnistrativas do xogo para a súa mellor aplicación.

-Adoptar novos acordos que desenvolvan o pactado neste convenio se así o requiren as circunstancias.

Artigo 36º.-Composición da comisión paritaria.

A comisión paritaria estará integrada por dous órganos: un en representación da asociación empresarial Abiga e outro en representación das centrais sindicais asinantes deste convenio, debéndose acreditar para esta última representación un mínimo do 10% de representación no sector.

Ámbolos órganos terán o mesmo número de membros, que en ningún caso será superior a 5 por órgano, e cada unha das partes poderá ser asistida por un asesor, con voz pero sen voto.

Os acordos da comisión paritaria requirirán, en calquera caso, ser adoptados por maioría simple de votos, quedando validamente constituída a dita comisión cando sexa convocada por calquera das partes, logo de cita telegráfica ou vía fax, con alomenos 72 horas de antelación.

As partes asinantes deste convenio elaborarán un regulamento de funcionamento da mencionada comisión, coas características que as partes determinen.

Artigo 37º.-Réxime sancionador.

Observarase o disposto nos artigos 77, 78, 79, 80, 81, 82 e 83 do convenio estatal das empresas organizadoras do bingo.

Artigo 38º.-Abuso de autoridade-procedemento.

Todo traballador poderá dar conta por escrito, directamente ou a través dos seus representantes, á dirección da empresa, de cantos actos supoñan abuso de autoridade dos seus compañeiros de traballo. Recibido o escrito, a dirección abrirá o oportuno expediente no prazo máximo de 10 días.

No caso contrario, os representantes legais dos traballadores ou o propio interesado poderán formula-las

oportunas denuncias ante a delegación de traballo ou organismo competente.

Artigo 39º.-Estructura salarial e condicións económicas.

Estructura salarial.

Durante a vixencia deste convenio, a retribución do persoal por xornada laboral de traballo estará constituída polos seguintes conceptos:

Salario convenio.

Complemento de antigüidade.

Gratificacións extraordinarias.

Complementos extrasalariais.

Horas extraordinarias.

Tódolos conceptos salariais e extrasalariais, en caso de traballadores a tempo parcial, fixo descontinuo ou en caso de desempeño transitorio de funcións, serán aboados na parte proporcional que corresponda a cada caso, entendéndose que as contías previstas se corresponden coa xornada normal de traballo pactada neste convenio.

-Salario convenio: o salario convenio queda fixado, en función da categoría administrativa da sala e por categorías profesionais, nas seguintes cantidades:

Salario ano 1999=(salario 98)x(3%)=(X)x(2%)=salario 1999.

Salario ano 2000=(salario 99)x(IPC previsto 2000, 2%)=(X)x(2%)=salario 2000.

Salario ano 2001=salario 2000 IPC previsto=(X)x2%=salario 2001.

O incremento do 3% é o IPC, e o 2% afecta ó salario convenio, complemento de transporte, quebranto de moeda e horas extras.

Ano 1999Ano 2000

Categ. ACateg. BCateg. CCateg. ACateg. BCateg. C

Sala especial136.712124.728112.746142.235129.767117.301

Sala 1124.728116.341106.755129.767121.041111.068

Sala 2112.746106.755100.763117.301111.068104.834

Sala 3103.759100.76398.367107.951104.834102.341

-Complemento de antigüidade por dereitos adquiridos: co obxecto de adapta-los conceptos contributivos ó convenio estatal, as partes asinantes acordan suprimi-lo concepto salarial de antigüidade.

Os traballadores que con data do 31 de decembro de 1999 perciban o complemento de antigüidade conforme o sistema que prevía a norma colectiva aplicable para 1997/1998, verán substituído o dito concepto retributivo por un complemento ad personam, de natureza salarial e de carácter non absorbible nin compensable.

Ó dito xeito, xeral para tódolos traballadores e con cargo á supresión da antigüidade, aplicarase un incremento salarial no salario convenio, complemento de

transporte, quebranto de moeda e horas extras dun 2% no ano 1999, 2% o ano 2000 e 2% o ano 2001.

O sistema de complemento ad personam, substitúe o concepto de complemento de antigüidade ou calquera outro que puidese ter orixe nos anos de permanencia na empresa, no posto de traballo, tempo na prestación do servicio ou calquera outro de natureza análoga, de tal xeito que, fixado o dito complemento, non se poderán pactar complementos que deriven dos anteditos conceptos nin se devengarán aumentos sobre el, diferentes ó da propia actualización que se pacte como incremento salarial.

-Gratificacións extraordinarias: tódolos traballadores percibirán tres gratificacións extraordinarias que aboarán as empresas nas seguintes datas:

1. O día 20 de decembro.

2. O día 30 de xuño.

3. No momento de iniciar cada traballador as súas vacacións anuais.

O importe de cada unha destas pagas estará composto polos seguintes conceptos salariais: salario convenio, complemento de actividade por dereitos adquiridos e complemento de antigüidade por dereitos adquiridos.

-Complementos extrasalariais: os únicos complementos extrasalariais pactados neste convenio son os seguintes:

1. Quebranto de moeda: as empresas aboaranlles a xefes de mesa-caixeiros e locutores-vendedores, un complemento de quebranto de moeda mensual durante 11 meses ó ano, co importe seguinte:

Ano 1999Ano 2000

Quebranto de moeda4.7764.969

Este complemento cobrarano proporcionalmente ós días traballados aqueles traballadores que realicen funcións de cambio de moeda nas máquinas recreativas e de azar instaladas nas salas de bingo.

2. Complemento de transporte: como compensación de gastos de desprazamento e medios de transporte dentro da localidade, así como desde o domicilio ó centro de traballo e regreso, establécese un complemento de distancia e transporte nas seguintes contías, durante 12 meses ó ano e para tódalas categorías:

Ano 1999Ano 2000

Complemento de transporte7.6417.950

3. Complemento de prolongación de xornada: co fin de compensar economicamente a aqueles traballadores que por necesidades reais das salas teñan que realizar traballo fóra de horas normais, tales como peche de caixa, recollida da sala, revisión de cartóns, etc. as empresas aboarán un complemento de pro

longación de xornada mensual, durante 11 meses ó ano, dos seguintes importes:

Ano 1999Ano 2000

Categoría A4.0494.049

Categoría B3.8633.863

Categoría C3.4503.450

Sempre que se perciba este complemento, o tempo dedicado á realización dos ditos traballos non terá a consideración de horas extraordinarias, non podendo dedicarse este tempo en ningún momento á atención de clientes.

-Horas extraordinarias: ante a situación de desemprego existente e co obxecto de favorece-la creación de novos postos de traballo, as partes acordan regula-las horas extraordinarias con carácter restrictivo, conforme os seguintes criterios:

1. Suprímense as horas extraordinarias con carácter habitual.

2. Unicamente se poderán realizar horas extraordinarias por necesidades de carácter estructural.

3. Cada hora extraordinaria que se realice sobre a duración máxima da xornada laboral aboarase conforme a seguinte escala:

Ano 1999Ano 2000

Categ. ACateg. BCateg. CCateg. ACateg. BCateg. C

Horas extra1.8311.7231.6161.9051.7931.681

4. O número de horas extraordinarias non poderá ser superior ó establecido na lexislación vixente.

5. A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria.

6. A realización das horas extraordinarias rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente entregándolle copia do resumo semanal ó comité de empresa ou delegado de persoal, e ó traballador afectado.

Artigo 40º.-Adaptación da estructura salarial vixente o 31-12-2001 a este convenio.

Réxime de adaptación.

O cambio da estructura salarial realizarase na primeira nómina correspondente ó mes de xaneiro de 1999, axustándose ó disposto no artigo anterior.

Complemento de actividade por dereitos adquiridos.

Como consecuencia do novo réxime estructural salarial, que afectou á supresión dos conceptos salario base e complemento de actividade, que quedaron substituídos polo salario convenio, aqueles traballadores que veñan percibindo en concepto de complemento de actividade quedando susbstituídos polo salario convenio, e aqueles traballadores que veñan percibindo en concepto de complemento de actividade o 31 de decembro de 1997 importes supe

riores ós reflectidos a continuación pola diferencia entre ámbolos importes, manterán como concepto retributivo un complemento salarial mensual ad personam, denominado complemento de actividade por dereitos adquiridos, que non terá carácter absorbible nin compensación.

Artigo 41º.-Revisión salarial para 2000 e 2001.

En caso de que a diferencia entre o IPC real de 1999, 2000 e 2001 e o previsto supera-lo 0,5%, revisaranse tódolos conceptos revisados no ano 1999, no 50% da diferencia entre o IPC real e o IPC previsto.

Artigo 42º.-Novas aperturas e cambios de categorías de salas.

As salas de nova apertura fixarán a estructura salarial que afecta ós seus traballadores en función da categoría administrativa outorgada a ela, desde o primeiro día do seu funcionamento.

Os cambios de categoría que se produzan e que sexan autorizados pola Administración competente suporán, a partir do mes seguinte ó da data da súa autorización, a adaptación dos importes dos conceptos salariais e extrasalariais á nova situación xurídica.

Artigo 43º.-Horario máximo de peche.

Durante a vixencia deste convenio o horario máximo de peche das salas será o reflectido a continuación; non obstante, e con autorización expresa da autoridade competente e logo de acordo de tódalas do mesmo municipio, estes horarios poderán ser ampliados, pero nunca por período superior a un mes.

Inverno (do 1-10 ó 30-6):

Sábados e vésperas de festivos: 3.30 h.

Resto días: 3 h.

Verán (do 1-7 ó 30-9):

Sábados e vesperas de festivos: 4 h.

Resto días: 3.30 h.

Artigo 44º.-Saúde laboral.

Tódalas empresas afectadas por este convenio, de conformidade co artigo 2.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, comprométense ó desenvolvemento e cumprimento da normativa vixente no relativo a seguridade e saúde laboral.

Artigo 45º.-Cláusula de desvinculación.

Observarase o disposto no artigo 76 do convenio colectivo estatal para as empresas organizadoras do xogo do bingo. Aquelas empresas que cumpran os requisitos para acollerse á cláusula de desvinculación, aplicarán o convenio vixente do ano anterior nos temas económicos; nos restantes aspectos observarase o vixente neste convenio.

Disposicións transitorias

Primeira.-O capítulo de formación terá unha vixencia temporal de catro anos, entrando en vigor o

1-1-1997 e rematando o 31 de decembro do ano 2000. Non obstante o anterior, antes da súa expiración as partes, de común acordo, poderán considera-la súa prórroga.

Segunda.-No referente ó financiamento das accións formativas, infraccións, sancións e incompatibilidades de financiamento, así como de calquera outra materia relacionada coa formación continua non prevista neste acordo, observarase o disposto no II Acordo Nacional de Formación Continua.

Terceira.-Os asinantes remitiranlle este convenio a comisión mixta estatal do II Acordo Nacional de Formación Continua, para os efectos oportunos.