Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.221

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector de bebidas refrescantes e analcóholicas da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector de bebidas refrescantes e analcóholicas da provincia da Coruña (código 1500185), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-2-2000, subscrito pola comisión

paritaria do convenio colectivo, integrada en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Bebidas Refrescantes y Analcóholicas, e, da parte social, por UGT e CC.OO o día 9-11-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primero.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de febreiro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de bebidas refrescantes e analcóholicas da provincia da Coruña

Acta

Asistentes:

Parte empresarial:

Antonio Landeira.

Miguel Calderón Acero.

Parte social:

Fernando Vázquez Martínez (UGT).

Carlos Villar Cures (CC.OO).

Ás once horas do día 9 de novembro de 1999, nos locais da Asociación de Empresarios, reúnense os membros da dita comisión, co fin de aproba-la revisión salarial pactada no convenio colectivo do ano 1998. Dado que o IPC previsto polo Goberno para o ano 1999 é do 1,8% e que este foi o incremento pactado, procede aumenta-la táboa salarial nun 1,8%, a cal se fará efectivo con carácter retroactivo o 1 de xaneiro de 1999 e se reflectirá nas táboas anexas para engadir ó convenio colectivo.

Así mesmo, autorízase a Francisco J. González Outumuro para que proceda ó seu rexistro e publicación.

Ás 13.30 horas levántase a sesión e asínase esta acta en sinal de conformidade.

Táboas salariais 1999.

CategoríaSalarioCompl.

convenio

Cómputo

anual

Peón69.27015.9461.490.160
Subalterno74.41117.3191.587.870
Axudante79.12917.0541.654.665
Oficial de segunda84.02315.8351.709.790
Oficial de primeira88.21216.0051.775.175
Encargado grupo97.47015.4081.905.090
Encargado sección116.16315.1262.181.255
Encargado xeral138.86514.4072.511.000

Complemento transporte17.660