Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000 pola que se convoca un curso de xestión de axudas financiadas con fondos comunitarios para corporacións locais.

No uso das atribucións conferidas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de xestión de axudas financiadas con fondos comunitarios para corporacións locais, que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Coñece-los principais programas e iniciativas comunitarias de interese para as entidades locais e aprender a solicitar, tramitar e xestiona-los proxectos.

Segunda.-Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B das administracións locais con responsabilidade na xestión de proxectos que puidesen ser obxecto de financiamento con fondos comunitarios.

Terceira.-Desenvolvemento.

Duración: 28 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, Escola Galega de Administración Pública.

Datas: 12, 13, 14, 15, 19, 20 e 21 de xuño de 2000.

Horario: de 16.30 a 20.30 horas.

Prazas: 35.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia

que segundo o modelo oficial figura como anexo I desta resolución, e cubrila en tódolos seus epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, r/ de Madrid 2-4, 15707, Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 23 de maio de 2000.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asitencia inxustificada ó 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada que supere o 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Oitava.-Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril, e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,20 puntos.

Novena.-Contido.

FEDER, FSE, FEOGA-O, IFOP e Fondo de Cohesión. As iniciativas comunitarias: Interreg, Equal, Leader e Urban. Xestión de axudas, programación, seguimento, avaliación e control.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública