Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.196

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 858/1993, do 8 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0000122/1991, interposto polo Concello de Poio, contra a desestimación presunta do recurso de reposición deducido contra orden da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 18 de decembro de 1989, sobre aprobación definitiva do proxecto de revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra; dictouse a sentencia 858/1993, do 8 de outubro, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia 858/1993, do 8 de outubro, que a seguir se transcribe:

«Decidimos: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Poio contra a desestimación presunta do recurso de reposición deducido contra orde da consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 18 de decembro de 1989, polo que se aproba definitivamente o proxecto de revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra; anulámo-la dita resolución por ser contraria a dereito no extremo

relativo á planificación das zonas de Gamosa, Recuperación e Xunqueira de Vao».

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda