Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.196

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 1130/1993, do 23 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0001448/1987, interposto polo Concello de Ourense, contra a orde do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 27 de xullo de 1987, que resolvendo recurso de reposición contra Orde do 16 de setembro de 1986, sobre aprobación definitiva do proxecto de revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense; dictouse a sentencia 1130/1993, do 23 de decembro, agora firme, pola que se estimaba parcialmente o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve dar publicidade á parte dispositiva da sentencia 1130/1993, do 23 de decembro, que a seguir se transcribe:

«Decidimos que debemos estimar e estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo deducido polo Concello de Ourense contra a orde do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do vintesete de xullo de mil novecentos oitenta e sete que resolvendo recursos de reposición contra Orde do dezaseis de setembro de mil novecentos oitenta e seis, aprobatoria definitivamente do proxecto de revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, cualificou de solo urbano as parcelas numeradas 198, 202, 206, 208, 210, 212 y 214 dos polígonos A-3 e A-4, que dan fachada cara á rúa Marcelo Macías no seu lado oeste; e que sinalou en vintedous metros a lonxitude de fondo edificable nos soares 19 e 21 do cuarteirón 5 do SU-2 na súa fachada cara á avenida da Habana; en consecuencia, debemos anular e anulámo-la dita resolución neste segundo extremo por non atopala niso axustada ó ordenamento xurídico e debemos desestimar e desestimámo-lo recurso no

demais».

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda