Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 537/1993, do 3 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0000677/1990, interposto por Promotora Compostelana, S.A., contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición deducido contra resolución da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 16 de decembro de 1989, sobre aprobación definitiva da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Santiago de Compostela; dictouse a sentencia 537/1993, do 3 de xuño, agora firme, pola que se estimaba parcialmente o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia 537/1993, do 3 de xuño, que a seguir se transcribe:

«Decidimos: que debemos estimar e estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo inter

posto por Promotora Compostelana, S.A. contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición deducido contra resolución da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do 16 de decembro de 1989, pola que se aproba definitivamente a revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Santiago de Compostela; anulamos parcialmente a dita resolución, por estimar contrario a dereito a non-clasificación como solo urbano de parte da parcela propiedade da recorrente, concretamente na medida que resulte das bases expostas no 4º fundamento de dereito desta resolución; declarámo-la procedencia de declarar e clasificar como solo urbano a dita parte da parcela».

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda