Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 79/1993, do 28 de xaneiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0000193/1989, interposto por Antonio Pedreira Doldán, contra denegación por silencio administrativo do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do recurso de alzada contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña de 21 de febreiro de 1989, sobre aprobación do Plan Parcial do Sector 6 do termo municipal de Oleiros; dictouse a sen

tencia 79/1993, do 28 de xaneiro, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia 79/1993, do 28 de xaneiro, que a seguir se transcribe:

«Decidimos: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo deducido por Antonio Pedreira Doldán contra denegación por silencio do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do recurso de alzada contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña da Administración autonómica do vinteún de febreiro de mil novecentos oitenta e nove que aprobara o Plan Parcial do Sector 6 do termo municipal de Oleiros; e, en consecuencia, debemos anular e anulamos tales actos administrativos no particular da supresión nun dos tramos finais da vía de autos previstos no Plan Xeral de Ordenación Urbana».

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda