Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado 42/2000-(4), interposto por Luis Antonio Cortiñas Rodríguez e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un da Coruña, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado número 42/2000-(4), interposto por Luis Antonio Cortiñas Rodríguez e outros, contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 1 de decembro de 1999, pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes afectados polo traspaso en materia de xestión do traballo, emprego e formación.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública