Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.111

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de marzo de 2000, de modificación do acordo do 18 de decembro de 1998 polo que se aproban as instruccións relativas ós créditos afectados ás actuacións relacionadas coa investigación e o desenvolvemento.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 3 de marzo de 2000 adoptou, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, o acordo polo que se modifican as instruccións relativas ós créditos afectados ás actuacións relacionadas coa investigación e o desenvolvemento aprobadas polo acordo do 18 de decembro de 1998 e publicadas no DOG nº 4, do 8 de xaneiro de 1999, en virtude da resolución do conselleiro de Economía e Facenda do 28 de decembro de 1998.

Coa finalidade de facilita-lo coñecemento e a aplicación da modificación do acordo ordénase a publicación no Diario Oficial de Galicia da referida modificación, que figura como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2000.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Acordo de modificación do adoptado o 18 decembro de 1998 polo que se aproban as instruccións relativas ós créditos afectados ás actuacións relacionadas coa investigación e o desenvolvemento.

«Modifícase a instrucción primeira do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de decembro de 1998 polo que se aproban as instruccións relativas ós créditos afectados ás actuacións relacionadas coa investigación e desenvolvemento, publicado pola resolución da Consellería de Economía e Facenda do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 4, do 8 de xaneiro).

A nova redacción da instrucción primeira é a seguinte:

Primeira.-Os créditos destinados á investigación e desenvolvemento tecnolóxico non incluídos nos capítulos I e II dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ás súas diferentes seccións e servicios, que non teñan como finalidade a dotación de infraestructura específica para os centros de investigación pertencentes ás propias consellerías, o sostemento do nivel básico da actividade investigadora dos devanditos centros, o financiamento dalgunha acción específica de acompañamento das previstas no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico nin sexan créditos de carácter finalista por corresponder a subvencións concedidas por outras administracións para un fin específico, terán, para os efectos destas instruccións, a consideración de fondos competitivos».