Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.111

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do transporte de viaxeiros por estrada.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 45, do 6 de marzo de 2000, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 3.026, columna 2, liña 12, onde di: «Asinado o día 25 de novembro de 1999, pola representación da asociación e das centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO.», debe dicir: «Asinado o día 25 de novembro de 1999, pola representación da asociación e das centrais sindicais UGT e CC.OO».