Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.072

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Radio Marineda, S.A. para a corrección de erros na revisión salarial para o ano 2000.

Visto o texto da acta asinada o día 24-1-2000 pola comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Radio Marineda, S.A. integrada en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, pola delegada de persoal, co fin de corrixir erros detectados na actualización da taboa salarial para o ano 2000 publicada no DOG nº 32, do 16-2-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nes

ta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social a comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de febreiro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta do acordo de revisión salarial do convenio

colectivo de Radio Marineda, S.A.

Na Coruña, ás 16 horas do día 24 de xaneiro de 2000, reúnense no centro de traballo da empresa Pablo Vilar Díaz, en nome e representación da entidade mercantil Radio Marineda, S.A. e Ana María Blanco Remuiñan, representante legal dos traballadores, con obxecto de proceder á corrección e aprobación, se é o caso, da táboa salarial do convenio colectivo da empresa para o ano 2000, xa que na súa confección anterior cometéronse algúns erros.

Examinada a táboa salarial para o ano 2000, acórdase a súa aprobación, que se xunta a este acta como anexo I.

Sen máis asuntos que tratar, remata a reunión ás 16.30 horas do día indicado.

Pablo Vilar DíazAna Mª Blanco Remuiñan

ANEXO I

Táboa salarial de 2000

Categoría

laboral

S.B.

día

Salario

base

PI

Rend.

I.D.T.I.C.1ºI.C.2ºBruto

anual

Redactor xefe4.172125.16012.51013.8621.904.722

Redactor/locutor3.842115.26011.52013.8621.766.122

Auxiliar de redacción3.525105.75010.59013.8621.632.982

Téc. de control e Mant.3.382101.47010.14013.8621.573.062

Xefe de administración3.899116.97011.70013.8621.790.062

Oficial administrativo3.639109.17010.92013.8621.680.862

Aux. administrativo3.382101.47010.14013.8621.573.062

Xefe comercial4.172125.16030.00024.0002.346.240

Comercial3.05391.60015.00024.0001.711.400

Notas:

I.D.T.: indemnización de distancia e transporte. Artigo 16.6º a).

I.C.1º: indemnización de comerciais. Artigo 16.6º b)1.

I.C.2º: indemnización de comerciais. Artigo 16.6º b)2.

Bruto anual: salario base por 14 pagas+indeminizacións por 11 pagas.

Pola empresaRepre. legal traballadores

Pablo Vilar DíazAna Mª Remuiñan