Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións denominadas: Revisión número 1 á addenda III do proxecto de instalacións do ramal Pontevedra-Ourense (ramal ó Carballiño), promovido pola empresa Enagás, S.A. (Expediente 00/5-0-G).

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, sométese a información pública o proxecto denominado Revisión nº 1 á addenda III do proxecto de instalacións do ramal Pontevedra-Ourense (ramal ó Carballiño) declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en r/ Capitán Haya 41, 28020 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo 1993, para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais, de conformidade co proxecto ramal Pontevedra-Ourense e redes de distribución para usos industriais na provincia de Ourense, nos termos municipais de Pontevedra, Ponte Caldelas, Cotobade, A Lama, Avión, Boborás, O Carballiño, Maside, Punxín, Amoeiro, Ourense, Barbadás e San Cibrao das Viñas.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións Revisión nº 1 á addenda III do proxecto de instalacións do ramal Pontevedra-Ourense (ramal ó Carballiño).

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: esta revisión modifica o proxecto orixinal, e as súas características son as que se expoñen a continuación:

Entre os vértices V-03 e V-07 do proxecto orixinal o trazado afecta ós restos arqueolóxicos dunha calzada romana situada uns 150 metros antes de chegar á localidade das Caldas. Por este motivo procédese á modificación do trazado, afastándose da calzada romana mencionada.

A lonxitude da conducción aumenta en trece (13) metros respecto ó trazado orixinal, manténdose o diámetro de 4.

Termo municipal afectado:

O Carballiño.

Orzamento: o orzamento ascende a setenta e oito mil cincocentas corenta e seis pesetas (78.546 ptas.).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto concrétase na seguinte forma:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se contruirán as instalacións fixas en superficie.

Dous: para as canalizacións:

A. Imposición de servidume permanente de paso de gas ó longo do trazado da conducción, cunha largura de dous (2) metros, un (1) a cada lado do eixe, por onde discorrerá/n soterrado/s o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros contados desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar acto ningún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B. Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e a instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres: para o paso dos cables de liñas, equipos de telecomunicación e elementos dispersores de protección catódica:

A. Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores da protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición

de servidume permanente de paso, terá como largo o da instalación máis un (1) metro a cada lado. Estas franxas estarán suxeitas ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, a plantar árbores ou arbustos e realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a metro e medio (1,5), a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a tallar ou arrinca-las árbores ou os arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B. Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido

e a montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, segundo reflicte o anexo.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, a relación insírese ó remate deste anuncio, para que poidan examinala nesta Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Ourense, Curros Enríquez, 1-4º, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Proxecto: revisión nº 1 á addenda III do ramal Pontevedra-Ourense (ramal ó Carballiño).

Termo municipal: O Carballiño.

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mPolíg.Parcela

OR-CI-470 VSecundino Arias Castro. Caldas de Partovia,

32515 O Carballiño, Ourense.

2020057363,

366,

367

Terreo labor

OR-CI-470/1 VConcello do Carballiño. Praza Maior, s/n,

32500 O Carballiño, Ourense

550Camiño

OR-CI-470/2 VConcepción Quesada López. Estrada Cabanelas, 61-Mesego,

32516 O Carballiño, Ourense

8080058253Terreo labor

OR-CI-470/3 VMaría Olimpia Amarante González. Caldas de Partovia.

32515 O Carballiño, Ourense

4646058254,

255

Terreo labor

OR-CI-470/4 VSecundino Arias Castro. Caldas de Partovia.

32515 O Carballiño, Ourense

9090058256,

257

258

Terreo labor