Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións denominadas: Revisión número 2 da conexión ó centro de mantemento, operación e control, polígono industrial O'Campiño, promovido pola empresa Gas Natural SDG, S.A. (Expediente 00/3-0-G).

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, sométese a información pública o proxecto denominado: Revisión nº 2 da conexión ó centro de mantemento, operación e control, polígono industrial O'Campiño, declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Gas Natural SDG, S.A., con enderezo en r/ Capitán Haya, 41; 28020 Madrid.

Por orde do conselleiro de Industria e Comercio, do 12 de outubro de 1993, Enagás, S.A. é titular da concesión administrativa outorgada para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais no termo municipal de Pontevedra, concesión que deviu en autorización conforme establece a disposición adicional sexta da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

Como consecuencia da escisión de activos realizada por Enagás, S.A. a favor de Gas Natural SDG, S.A., relativa á distribución de gas, esta empresa pasa a se-la titular da dita autorización e, polo tanto, deste proxecto de instalacións.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de instalacións: Revisión nº 2 da conexión ó centro de mantemento, operación e control, polígono industrial O'Campiño.

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para ó efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: esta revisión modifica o proxecto anteriormente aprobado afecta ó termo municipal de Pontevedra e as súas características son as que se expoñen a continuación:

Modificouse o trazado da conexión para mante-lo paralelismo co gasoducto, unha vez coñecido o trazado real deste.

-Entre os vértices VP-111/A e VP-113-A, cun aumento de lonxitude de 12 m.

-Entre os vértices VP-113-A e VP-113-C, cun aumento de lonxitude de 21 m.

Cambiouse a situación do punto de conexión, para situala dentro da parcela correspondente do polígono, o que motivou unha diminución da lonxitude orixinal de 33 m.

Termos municipais afectados:

Pontevedra.

Orzamento: o orzamento ascende a trinta e nove millóns trescentas setenta e catro mil vintecinco pesetas (39.374.025 ptas.).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto concrétase na seguinte forma:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán as instalacións fixas en superficie.

Dous: para as canalizacións:

A. Imposición de servidume permanente de paso de gas ó longo do trazado da conducción, cunha anchura de dous (2) metros, un (1) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións do dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros contados desde o eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar acto algún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado deste.

Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así coma de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B. Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisos para os ditos fins.

Tres: para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A. Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados cables de conexión. Para os leitos dispersores da protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso, terá como largo, o da instalación máis un (1) metro a cada lado. Estas franxas estarán suxeitas ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, a plantar árbores ou arbustos e realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a 1,5 metros, a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a talar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B. Ocupación temporal, coma necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación, e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así coma realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Catro: para as liñas de media tensión:

A. Servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro a cada lado do eixe da liña e en todo o seu trazado que implicará:

Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las ins

talacións, co pagamento se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B. Servidume permanente de voo nunha franxa de quince (15) metros centrada co eixe da liña, na que se establecen:

1. Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar ningún acto que poida daña-lo bo funcionamento da liña, a unha distancia inferior a sete metros e medio (7,5) do eixe da liña de postes do tendido.

2. Prohibición de plantar árbores cunha altura máxima superior a catro metros, a unha distancia inferior a tres (3) metros do eixe da liña de postes do tendido.

C. Ocupación temporal da superficie que se determina para cada liña nos planos parcelarios, para realiza-las obras necesarias.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados segundo se reflicte no anexo.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, a dita relación insírese no anexo ó remate deste anuncio, para que poidan examinala nesta Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial de Pontevedra Eduardo Pondal, 64, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Proxecto: revisión nº 2 da acometida ó centro de mantemento, operación e control. Polígono industrial O'Campiño.

Termo municipal: Pontevedra.

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mPolíg.Parcela

PO-PO-1400Comunidade de Montes de Marcón, Pte. Manuel Mariño Reguera. Pazos-Marcón. 36158, Pontevedra.2332.330102489,

490

Monte alto

PO-PO-1401COTOPV-Xunta de Galicia. Ed. administrativo San Caetano. 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.110Estrada

PO-PO-1402Comunidade de Montes de Marcón, Pte. Manuel Mariño Reguera. Pazos-Marcón. 36158 Pontevedra.9139.130100329Monte baixo

PO-PO-1403Amalia Lorenzo Villaverde. Hermida, 31, Marcón.

36158 Pontevedra.

6767010030Monte alto

PO-PO-1404Benito Baltasar Sieiro. Zubiarre, 18-1º Esq. I.

48260 Ermua, Biscaia.

1616010031Monte alto

PO-PO-1405Aurelia Villaverde González. Pintos, 48, Marcón.

36158 Pontevedra.

1525510032Monte alto

PO-PO-1406Benito Baltasar Sieiro. Zubiarre, 18-1º Esq. I.

48260 Ermua, Biscaia.

1111010034Monte alto

PO-PO-1407Manuel Lorenzo Villaverde. R/ Eduardo Pondal, 37-5º A.

36003 Pontevedra.

58010035Monte alto

PO-PO-1408Comunidade de Montes de Marcón, Pte. Manuel Mariño Reguera. Pazos-Marcón. 36158 Pontevedra.60520100330Monte alto

PO-PO-1409Descoñecido22250100324Monte alto

PO-PO-1410Amelia Pérez Lusquiños. Hermida-Marcón.

36158 Pontevedra.

6363010045Monte alto

PO-PO-1411Xestur. Instituto Galego da Vivenda e Solo. R/ Urzáiz, 18-2º. 36201 Vigo, Pontevedra.5150Vial

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados. Instalacións auxiliares.

Proxecto: revisión nº 2 da acometida ó centro de mantemento, operación e control. Polígono industrial O'Campiño.

Termo municipal: Pontevedra.

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mExp. mPolíg.Parcela

PO-PO-1400Comunidade de Montes de Marcón, Pte. Manuel Mariño Reguera. Pazos-Marcón. 36158 Pontevedra.004102489,

490

Monte alto

PO-PO-1411Xestur. Instituto Galego da Vivenda e Solo. R/ Urzáiz, 18-2º. 36201 Vigo, Pontevedra.004Vial