Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial urbanístico e estudio de efectos ambientais con título parque eólico de Novo. (Expediente 16/1999).

Para os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, dos decretos 2617/1966 e 2318/1998, do Ministerio de Industria e Enerxía, do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, da Lei 10/1995,

no seu artigo 25.3º do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública para a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial urbanístico e declaración de efectos ambientais, das instalacións eléctricas que se citan:

-Solicitante: Energías Ambientales EASA, S.A.

-Domicilio social: r/ José Luis Bugallal Marchesi 10, 1º 15008 A Coruña.

-Denominación: parque eólico de Novo.

-Situación: concellos de Valdoviño e Narón.

Características técnicas:

-Potencia que se vai instalar: 18,75 Mw.

-Superficie afectada: 952,9 ha.

-Coordenadas:

V(569.500, 4.828.000), V(571.121,68, 4.828.540,56),

V(572.320,46, 4.823.345,85), V(570.673,75, 4.822.522,50).

-25 aeroxeradores, Mod. ecotecnia 48/750, de 48 m de diámetro, 750 Kw de potencia c/u e 55 m de altura.

-25 transformadores de 850 kVA c/u e con tensións de 20/0,69 kV, situados no interior da torre de cada aeroxerador.

-Rede eléctrica subterránea de tensión 20 kV con conductor R.H.V. 12/20 kV 3 (1x150 a 400) mm Al, interconectado ós transformadores e á estación colectora.

-Estación colectora de dúas posicións de liña e un conxunto de cabinas de media tensión, que formarán o sistema de media tensión. Instalarase un centro de transformación equipado cun transformador trifásico 20/0,4 kV para servicios auxiliares.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Novo, poderanse examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña e nos concellos de Valdoviño e Narón (A Coruña), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo seguinte. Finalizando o dito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán face-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de 30 días.

A Coruña, 14 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña