Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, dunha asistencia técnica para a contratación do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites adminis

trativos correspondentes resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, dunha asistencia técnica para a contratación do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística.

Orzamento de licitación: dezanove millóns seiscentas mil (19.600.000) pesetas no que se inclúen tódolos impostos e taxas legalmente esixibles.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato e ata o 30 de xuño do ano 2001.

Garantía provisional: non é esixible

Clasificación: non se require.

Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo así como nas súas delegacións provinciais.

Prazo de presentación de proposicións: ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar e presentación de proposicións: no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas ó abeiro do determinado no artigo 100 de Regulamento xeral de contratación.

Documentación para presentar polos licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación e ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data, o acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Consellería de Cultura, Comunicación Social

e Turismo