Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, e no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, ambas da Xunta de Galicia, así como no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, faise público que este concello, na sesión ordinaria do día 23 do actual, adoptou acordo de aprobación definitiva do expediente de modificación das normas subsidiarias municipais, no sector J, do solo apto para urbanizar (SAPU sector J), co seguinte contido:

«Visto o expediente que se tramita para modificación puntual das normas subsidiarias deste municipio no sector J, a solicitude de Gabinete Garpe Asociados de Ourense, S.L. e Campos Salgado, S.L., e resultando:

1. Que a Corporación Municipal, na sesión do 9 de marzo último, adoptou acordo relativo á aprobación do convenio urbanístico para a expresada modificación puntual. Redactada a oportuna documentación técnica polos arquitectos Daniel Rodríguez Fernández e José Martínez Rodríguez, remítese o expediente a informe previo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que contestou no escrito do 23 de abril, informando favorablemente o expediente, coas observacións que considerou pertinentes.

2. Por acordo do Pleno Municipal, do 30 de agosto de 1999, acordouse, por maioría absoluta legal, a aprobación inicial da expresada modificación e que

se someta o expediente á información pública preceptiva.

3. Publicáronse os anuncios regulamentarios no DOG do día 17 de setembro e no diario La Región do día 10 do mesmo mes, solicitándose informes da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, do Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia e da deputación provincial, constando no expediente os informes emitidos.

4. O día 18 de outubro tiveron entrada no rexistro deste concello unha reclamación presentada polos tres concelleiros do BNG deste concello e outra asinada polos dous concelleiros do grupo do PSdeG-PSOE deste concello, achegando tamén o señor López Vidal unha serie de escritos asinados por veciños da Valenzá.

5. O aparellador municipal emite informe o 3 de novembro, no que analiza as reclamacións presentadas e así mesmo constan os informes dos arquitectos autores da documentación técnica da modificación puntual.

6. Finalmente consta tamén o informe do secretario.

7. A Corporación Municipal, na sesión do día 24 de novembro de 1999 acordou, tamén por maioría absoluta legal, desestima-las reclamacións formuladas e aprobar provisionalmente a expresada modificación puntual e remitiuselle o expediente ó preceptivo informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que comunica o seguinte:

«José Cuíña Crespo, conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, o 17 de xaneiro de 2000 emitiu o seguinte informe:

«Expediente: OU99011.AD.

Asunto: modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no sector J do solo apto para urbanizar.

Concello: Barbadás (Ourense).

Unha vez vista a documentación remitida polo concello mediante oficio nº 1.187, do 3-12-1999, que tivo entrada no rexistro da delegación provincial desta consellería o 7-12-1999, en virtude do disposto no artigo 42.5º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, emítese o seguinte informe, exclusivamente no que atinxe ás competencias desta consellería, relativas ó control de legalidade e ó interese público supramunicipal na redacción do planeamento urbanístico municipal:

I. Antecedentes:

1. A modificación proposta ten por obxecto modifica-la delimitación e varia-la ordenación do sector J do solo apto para urbanizar do núcleo da Valenzá.

2. O expediente foi informado por esta consellería, con carácter previo á súa aprobación inicial, coa data do 19-4-1999.

3. O expediente tramitado polo concello foi aprobado inicialmente polo Pleno na sesión que tivo lugar o día 30-8-1999 e sometido a información pública mediante anuncios en prensa La Región do 10-9-1999 e no Diario Oficial de Galicia do 17-9-1999, co resultado que figura no expediente, segundo certificación municipal ó respecto.

4. No expediente constan os seguintes informes favorables:

-Da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, con data do 21-9-1999.

-Da Deputación Provincial de Ourense, con data do 24-9-1999.

-Do Servicio Provincial de Estradas, con data do 14-9-1999.

II. Observacións:

1. Cómpre mante-la clasificación como solo apto para urbanizar da nova delimitación do sector J, así como cualificar como sistema xeral viario os terreos afectados pola autovía.

2. A edificabilidade residencial máxima non poderá supera-los 8.250 m por hectárea (artigo 24.2º LSG), o que cómpre facer constar expresamente no texto do proxecto.

3. Cómpre dilixencia-lo proxecto remitido para informe, de xeito que se acredite que se trata do texto aprobado inicialmente polo Pleno con data do 30-8-1999 e sometido a información pública (artigo 128 do Regulamento de planeamento).

En consecuencia, infórmase favorablemente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Barbadás, no sector J do solo apto para urbanizar, coa expresa condición de que, con anterioridade á aprobación definitiva do expediente, se cumpran as observacións contidas no presente informe. Logo da aprobación definitiva, a entrada en vigor da modificación requirirá o cumprimento dos requisitos establecidos polo artigo 48 da Lei do solo de Galicia.

O subdirector xeral de Urbanismo».

Consta tamén o informe do aparellador municipal no sentido de que se cumpriron as observacións sinaladas no informe antes transcrito, co seguinte contido:

«Para cumpri-las observacións expostas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en relación coa modificación puntual das NN.SS. de planeamento do Concello de Barbadás, no sector J do solo apto para urbanizar, presentouse un anexo (anexo A).

No citado anexo A:

Modifícanse os articulados que facían referencia á clasificación do sector como solo urbanizable, manténdose a clasificación do solo apto para urbanizar.

Cualifícanse os terreos afectados pola autovía como pertencentes ó sistema xeral viario.

Faise constar expresamente que a edificabilidade residencial máxima non poderá supera-los 8.250 m por hectárea.

Por todo isto, o anexo A presentado resolve e dá cumprimento ás observacións expostas pola Consellería de PTOP e V.

Barbadás, 21 de febreiro de 2000».

O secretario manifesta que o informe de secretaría xa consta no expediente, emitido en sentido favorable.

Así mesmo dilixenciouse outra copia da documentación técnica remitida á Xunta, á que fai referencia o número 3. anterior do punto II. Observacións.

Por todo isto, o alcalde somete a votación a aprobación definitiva da modificación puntual das NN.SS. no sector J, resultando aprobada cos oito votos favorables dos representantes do Grupo Popular, maioría obsoluta legal, e o voto en contra dos tres representantes do BNG e un do representante do PSdeG-PSOE.

Así mesmo acórdase cumpri-lo disposto nos artigos 8 da Lei 7/1995 e 48 da Lei 1/1997, ambas da Xunta de Galicia, así como no 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril».

O que se fai público para os efectos oportunos, facéndose constar que este acordo pon fin á vía administrativa e, en consecuencia, contra el pódese interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante o Pleno Municipal, no prazo dun mes, como trámite previo ó contencioso-administrativo, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto nos artigos 52 da Lei 7/1985, 116 e 177 da Lei 4/1999 e 46 da Lei 29/1998, así como lexislación concordante, sen prexuízo de que se utilice calquera outro recurso que se estime pertinente polos interesados.

Coa publicación deste anuncio no BOP de Ourense e no DOG queda tamén cumprida a esixencia do artigo 59.3º a) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Barbadás, 29 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado